Maquiavelo en Ourense: "O fin sempre xustifica os medios", razoa Jácome tras investir a Baltar

O líder de Democracia Ourensá tirou de maquiavelismo para tratar de xustificar a súa viraxe, completado hoxe coa investidura de Manuel Baltar como presidente da Deputación. Jácome non fixo caso aos últimos chamamentos do PSOE e mesmo culpou aos socialistas de que DO traizoase a súa promesa. Iso, se, a lexislatura empeza xa con gretas internas -hai uns días dimitiu a concelleira Ana Isabel Bertólez- e externas -os deputados localistas non aplaudiron o discurso de Baltar como reproche ao PP por non aplaudir o de Jácome.


|

O líder de Democracia Ourensá tirou de maquiavelismo para tratar de xustificar a súa viraxe, completado hoxe coa investidura de Manuel Baltar como presidente da Deputación. Jácome non fixo caso aos últimos chamamentos do PSOE e mesmo culpou aos socialistas de que DO traizoase a súa promesa. Iso si, a lexislatura empeza xa con gretas internas -hai uns días dimitiu a concelleira Ana Isabel Bertólez- e externas -os deputados localistas non aplaudiron o discurso de Baltar como reproche ao PP por non aplaudir o de Jácome.



BALTAR E Ju00c1COME PLENO INVESTIDURA


Baltar algo lle dixo a Jácome no pleno que non quixo que ninguén escoitase


O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome culpou aos socialistas da investidura de José Manuel Baltar Blanco como presidente da Deputación de Ourense. "Xamais deberiamos perdoar ao PSOE polo que nos obrigou a facer", manifestou en alusión ao pacto para formar un goberno de coalición co PP tanto na provincia como na cidade.


Ademais, dixo estar "totalmente orgulloso" e ser consciente de "facer o correcto" ao pactar co PP porque "o único que importa é o fin". "Dentro da realidade o fin sempre xustifica os medios", concluíu.


Deste xeito, en declaracións aos medios de comunicación á súa saída do Pleno de constitución do goberno provincial referiuse a que "foron os votos" e "as circunstancias" os que non deixaron outra saída.


A pesar de que os dous deputados de Democracia Ourensá mostraron o seu apoio este venres a Baltar para que obtivese a maioría absoluta á fronte da Deputación provincial, o seu líder, Jácome fai unha lectura positiva. "A auténtica noticia é que DO tomou a alcaldía e que Baltar non ten maioría absoluta, co cal debe acordar connosco", explicou.


"A XENTE TEN DEREITO A CAMBIAR"

Jácome insistiu, en referencia á forma de gobernar na Deputación, en que "agora nada vai ser como antes" porque "a xente ten dereito a cambiar" e agora os seus "van condicionar o goberno".


O actual alcalde da cidade de Ourense, grazas aos votos dos seus eternos rivais do Partido Popular, albisca "un goberno sólido" porque "realmente os compañeiros de viaxe incómodos e imposibles eran o PSOE, o BNG e Cidadáns".


Neste contexto, cualificou ao PSOE como "os auténticos causantes desta situación" e subliñou que lles gustase "o pleno ao 15", en alusión a botar a Baltar. "A nosa primeira opción sempre foi o pacto a catro, pero a avaricia do PSOE rompeu o saco", engadiu.


GUERRA DE APLAUSOS ENTRE Os SOCIOS DE GOBERNO

Preguntado polo motivo da ausencia de aplausos por parte dos seus deputados, Armando Ojea e Miguel Caride, despois da elección de Baltar como presidente, Jácome limitouse a responder que se tratou de "unha contrapartida", logo de que o PP tampouco aplaudise o seu discurso no Concello.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE