O PP premia a Jesús Vázquez tras facer posible o 'cambio de cromos' entre Baltar e Jácome

O ata hai unha semana alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, e a xa expresidenta do PP de Vigo, Elena Muñoz, serán os dous nomes propostos polos populares para ser nomeados senadores por designación autonómica no pleno do Parlamento de Galicia da próxima semana.

|

Como adiantou Galiciapress hai unha semana, o ex-alcalde de Ourense será senador. O PP escolle a Jesús Vázquez como un dos seus dous candidatos para os cargos que desginará o Parlamento de Galicia a próxima semana.


Vázquez xogou un papel crave no 'cambio de cromos', polo que Gonzalo Pérez Jácome chegou á alcaldía de Ourense. El e o resto de concelleiros conservadores votaron ao líder de Democracia Ourensá (DO). A cambio os ourensanistas votarán a Manuel Baltar como presidente da Deputación de Ourense.


Baltar jesus vazquez feijoo

Baltar, Vázquez e Feijóo nun pasado acto de campaña


VÁZQUEZ ACATOU O PLAN DE BALTAR E FEIJÓO

Non foi un grolo fácil para Vázquez, despois dos durísimos ataques que recibiu de Jácome na pasada lexislatura. Tras días de negociacións en segredo e incerteza, o ex-conselleiro de Educación encartouse aos desexos do PP, argumentando que el era un home de partido. A súa formación prémiao agora mandándoo a Madrid a ocupar un posto no Senado.


Acompañarao a xa expresidenta do PP de Vigo, Elena Muñoz. Alberto Nuñez Feijóo atopa destino así a dous de os seus representantes urbanos, derrotados polo PSOE nas pasadas eleccións locais.


O presidente de la Xunta atrasou a presentación dos candidatos do PP ata despois de que se elixisen os alcaldes. Do pacto entre Jácome e Baltar, Feijóo saca o compromiso de que DO non se presentará ás eleccións autonómicas 2020. Algo importante nun momento no que PSOE , vistos os resultados das eleccións desta primavera, está en disposición de competir polo liderato nas autonómicas de 2020.


QUEN SERÁ O TERCEIRO SENADOR?

Salvo sorpresa de última hora, a maioría conservadora sacará adiante as designacións a próxima semana, a espera de que a oposición designe o terceiro candidato.


En teoría, corresponderíalle a En Marea, pero la ruptura definitiva onte do seu grupo parlamentario dá máis opcións ao PSdeG para escollelo. Tras a marcha de Luís Villares e outros tres deputados ao grupo mixto, os socialistas convértense nos líderes da oposición no Parlamento.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE