Galicia

Reunión do comité clínico coas restricións máis que probables de Vigo e a súa área encima da mesa​
O comité clínico, que asesora á Xunta na toma de decisións, analizará este martes a situación "preocupante" de Vigo e, aínda que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, non quixo avanzar as decisións, si augurou que se terán que tomar medidas ante unha incidencia que se está disparando.


Demandan a apertura fronteiriza da Eurociudad Chaves-Verín, pechada desde o 31 de xaneiro
A Eurociudad Chaves-Verín demandou aos gobernos español e portugués a apertura do paso fronteirizo entre as localidades galega e lusa, que permence pechado desde o pasado 31 de xaneiro como medida para a contención da pandemia.
Anulan a sentenza e mandan repetir o xuízo contra o exjefe de planta do Corte Inglés absolto por acoso
A Audiencia Considera que a valoración da proba por parte do xuíz foi "irracional" e "errónea" e anula a sentenza
Atopan os resto dunha domus romana de 1.800 anos de antigüidade no barrio do Carmen de Lugo
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, informou este luns da aparición dunha 'domus romana' no barrio do Carmen, nun lateral da capela que leva o mesmo nome.
A Policía Nacional mantén aberta a investigación contra o narcotráfico tras incautar dúas lanchas en Ribeira
A Policía Nacional segue a investigación en relación a dúas lanchas preparadas para o narcotráfico intervidas a semana pasada na localidade coruñesa de Ribeira e non descarta detencións.
O SERGAS dá por "controlado" o brote de orixe familiar que provocou case medio centenar de casos na Mariña
Un brote de Covid-19 de orixe familiar cuns 45 casos positivos detectados en varios municipios da Mariña luguesa permanece "delimitado e controlado".
Rafa Villarino renunciará a ser alcalde de Ourense se o PP apoia a moción de censura contra Jácome
O portavoz dos socialistas ourensáns e secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, renunciou a ser candidato á Alcaldía para que o Partido Popular apoie a moción de censura contra o rexedor de Democracia Ourensá, Gonzalo Pérez Jácome.
A Xunta abre este martes o proceso para solicitar unha das 20.000 axudas para a compra de electrodomésticos
Os cidadáns interesados en participar no programa Renove Electrodomésticos poden solicitar desde este martes, 20 de abril (9,00 horas), estas axudas da Xunta coas que prevé chegar a 20.000 fogares.
Los Secretos regresan a TerraCeo, que confirma máis artistas para esta edición

A segunda edición do festival vigués conta xa con 39 artistas e 33 concertos que se celebrarán a partir do 1 de maio, cando Taburete inaugure o espectaculo.

Un detido e unha vintena de sancionados por participar nunha unha festa ilegal nun local de Vigo
O desmantelamento dunha festa ilegal celebrada en Vigo saldouse con 20 denunciados por incumprir as medidas sanitarias, un detido por tráfico de substancias estupefacientes e o levantamento de catro actas por drogas.
Covid escolas: centros escolares á alza con case 100 casos nunha semana e con seis veces máis aulas pechadas

A área de Ourense pasa de non rexistras clases en corentena a ter tres, concentradas no municipio de Xinzo de Limia

Os casos activos en centros educativos galegos seguen á alza, ata os 482, e as aulas pechadas soben a 19

Segundo día consecutivo sen mortes por Covid e terceiro de alivio na presión hospitalaria, pero Galicia segue á alza

Hai unha semana que a comunidade investiu a súa tendencia e esta mantense á alza desde entón. Crece a un ritmo lento pero estable e moitas son as voces que ven nestas cifras a cuarta onda.

A fragata 'Álvaro de Bazán', con base en Ferrol, rexistra un brote que afecta a cinco membros da tripulación
Foron localizados tras realizarlle á dotación test PCR previos á saída facía uns exercicios en Canarias
Covid por concellos: preocupante alza de casos na cidade de Lugo; Santiago pasa a risco baixo e rebota O Grove

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS, atendendo á incidencia acumulada semanal indica que o conxunto da comunidade empeorou desde o inicio da Semana Santa, especialmente na costa, con toda a ría de Arousa significativamente afectada.

​Cervi, desexo do Celta, pasa de imprescindible a gran esquecido

A presenza do arxentino nos plans de Jorge Jesús diminuíu desde xaneiro, cando era un fixo polas necesidades do Benfica.

Practicamente un de cada seis docentes vacinarase "cando lle toque" e non por ser esenciais
Galicia vacinou contra a covid-19 ao 86 por cento do persoal da comunidade educativa, entre docentes e persoal non docente, pero todos aqueles que non chegaron a recibir ningunha dose, o 16 por cento do persoal docente, xa non será inmunizado por ser colectivo esencial, senón que o fará cando lle toque polo seu grupo de idade.
Razóns para mobilizarnos o día 21 de abril de 2021

A precariedade laboral é algo xa endémico do SERGAS: traballar por días e cobrar por horas, por semanas e non pagar a fin de semana, por meses e ter que ir mes a mes a asinar un contrato dunha vacante, son prácticas diarias na “empresa máis irregular que existe”, que é o SERGAS. O tema da inestabilidade e a non conciliación da vida laboral e familiar, é o pan de cada día!

Accidente moral en Pontevedra: falece un motorista ao impactar contra un sinal de tráfico
Un motorista faleceu esta tarde de venres na estrada PO-11 ao chocar contra un sinal de tráfico en Pontevedra, segundo informa o 112 Galicia.
A Xunta concederá a axudas a cinemas, con 350.000 euros de orzamento, e festivais, con preto de medio millón de euros
Monterroso (Lugo) contará cun museo dedicado á actividade comercial na Galicia do Antigo Réxime
Covid escolas: pecha unha escola infantil en Quiroga, a primeira do terceiro trimestre, mentres segue a escalada de casos
Os casos activos de Covid-19 en centros educativos de Galicia --escolas infantís e ensino non universitario-- seguen coa tendencia ascendente e aumentaron a 443, o que implica 18 máis que a xornada pasada, á vez que soben as aulas inoperativas a 13 --unha máis-- e hai un centro pechado --unha escola infantil en Quiroga--.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE