O descenso de casos activos nas escolas galegas non se traduce nun descenso nas aulas: hai 33 pechadas

Os casos activos de Covid-19 en centros educativos non universitarios e escolas infantís de Galicia descenderon lixeiramente a 586, o que supón catro menos que a última xornada, mentres que as aulas inoperativas por este coronavirus aumentan a 33, cinco máis. En toda a Comunidade galega non hai centros pechados na actualidade.





|


A comunidade educativa segue sufrindo os efectos da cuarta onda, que aínda que non é tan virulenta como as anteriores, traduciuse nun significativo aumento de casos activos.


Esta xornada, tras varios días en ascenso, baixan en catro os afectados polo coronavirus, pero multiplícanse as clases cerrdas, con cinco aulas máis desde o venres. 



Os casos activos de Covid-19 en centros educativos non universitarios e escolas infantís de Galicia han descendido lixeiramente a 586, o que supón catro menos que a última xornada, mentres que as aulas inoperativas por este coronavirus aumentan a 33, cinco máis. En toda a Comunidade galega non hai centros pechados na actualidade.

Segundo os datos actualizados este martes polas consellerías de Educación e Sanidade, as infeccións activas soben en tres das sete áreas sanitarias: Vigo (+10), A Coruña (+7) e Lugo (+4), mentres que descenden en catro: Santiago (-16), Ourense (-5), Pontevedra (-3) e Ferrol (-1).

A área de Vigo mantense con máis casos activos, con 191, que supoñen dez máis que a xornada anterior, e 18 aulas pechadas --catro máis--, catro delas no CPR Plurilingüe Bouza Brey da cidade olívica que suma 22 contagios, dúas máis, que supoñen o maior número de todos os centros da Comunidade galega.

Pola súa banda, a de A Coruña aumenta a 155 os seus casos activos en centros educativos, sete máis, e a catro as aulas pechadas, dúas máis. O CPR Plurilingüe Santa María del Mar destaca con máis positivos, cun total de 10.

En canto á área de Pontevedra concentra 99 casos activos, tres menos, e catro aulas pechadas --sen cambios--. Nesta sitúase en CPR Plurilingüe A Inmaculada, con 18 positivos e unha clase inoperativa.

Mentres, na de Santiago descenden a 55 as infeccións activas, 16 menos, e seguen dúas aulas pechadas. Nesta área actualmente o maior de contagios concéntranos dous centros, con catro casos cada un.

Pola súa banda, a de Lugo concentra 46 casos activos, catro máis que a xornada anterior, e continúa con tres aulas pechadas, delas no CEIP de Casás de Lugo, que acumula nove contagios.


MENOS CASOS

As dúas áreas con menos casos activos son as de Ouerense, con 26 contagios, e a de Ferrol, con 14. A primeira delas ten cinco positivos menos e unha aula pechada --unha menos--.

Pola súa banda, a de Ferrol conta cun positivo menos --ao baixar de 15 a 14--, distribuídos en 11 centros, e mantense cunha aula pechada.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE