A acción nace do Pacto Social AquaOurense, promovido por Viaqua e a Deputación de Ourense, e busca concienciar xunto con Cruz Vermella sobre hábitos responsables no consumo da auga.
Divulgadores científicos, políticos e ata exalumnos da FP Dual da auga, choy convertidos en traballadores de Viaqua, participaron na última edición da Xunta Xeral de Grupos de Interese.
O conselleiro de Sanidade lembra que os hospitais da Coruña, Santiago e Vigo xa son capaces de realizar PCR específicas para esta doenza. Antes as mostras dos casos sospeitosos debían analizarse no instituo Carlos III de Madrid.
Alberto Núñez Feijóo acudiu esta fin de semana a Selecta ao comezo da campaña electoral en Andalucía e o seu primeiro acto á beira de Juan Moreno Bonilla, máis que afianzar votos, abriu un novo debate.
Carracedo propúxose un reto: surfear en toda España, mesmo naquelas comunidades que non teñen saída ao mar.
A tensa relación entre estes sindicatos na Xunta ao fío do acordo de mobilidade forzosa acaba no xulgado tras unha publicación no boletín oficial do CSIF.
Como consecuencia, isto provoca o aumento da lista de espera dos pacientes. Ademais, moitos pacientes teñen enfermidades crónicas e pluripatológicas, polo que non poden prescindir desas revisións médicas. Por último, estudantes de medicina e residentes non están a recibir a oportunidade de integrarse ao servizo de Medicina Interna debido ás precarias condicións ás que se expoñen. Con todo, o Colexio Médico fai un chamamento á Xerencia da área Sanitaria para elaborar unha redacción na que se planifiquen solucións para os internistas.
Este recoñecemento xa o conseguiron anteriormente con outros temas recompilados no seu traballo Vos dous de Sempre, pero Orquestra e Diego Tristán son as cancións que os artistas necesitaban publicar para consolidarse como os primeiros galegos en facer esta mestura de xéneros. Así, en 2020 Boyanka xa conseguira facerse visibles entre a xente polo seu traballo que, aseguran, avogaba pola liberdade creativa e achegaba sorprendentemente ambos os xéneros.
O certame celebrarase en Turín (Italia) entre o 2 e o 5 de xuño. Actuará co seu espectáculo Don Gelati, no que contará con Fran Rei como asesor cómico. Fonte: Dani García durante o seu espectáculo Don Gelati. Dani García procede de Neda, concello da Coruña.
Todo isto sen importarlles os custos que esta estratexia supón para o pobo ucraíno (a día de hoxe: 6,6 millóns de persoas refuxiadas, 4.000 civís mortas e 4.600 feridas), pero tamén para Europa.Ademais, parece non importarlles situar ao mundo ao bordo dun conflito nuclear que sería definitivo: canto máis se prolongue a guerra, máis difícil será evitalo.Algo que non parecen ter moi claro nin o nin, por suposto, o PPdeG, quen se preocupou máis por "meterlle un gol" ao BNG con esta iniciativa parlamentaria, aproveitando as súas ambigüidades, que de reclamar a paz para Ucraína.Neste marco resultaría desexable que, si estamos polo fin da guerra en Ucraína, apostouse máis pola negociación e a diplomacia que pola guerra.
As afectadas desta rede de explotación laboral son ao redor de 60 mulleres procedentes de América Latina, segundo investiga o Xulgado de Instrución 3 de Lugo.
O deputado socialista Gonzalo Caballero sufriu un accidente na AP-9 o pasado sábado, tras a toma de posesión do novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pero recupérase "ben" do sinistro, segundo el mesmo ratificou a Europa Press, e está de alta hospitalaria.
En descarga da oposición, hai que subliñar que son varios e importantes os factores que impiden un debate desa natureza.
Galicia terá este verán 112 praias con bendera azul e tres delas conseguen a gratificación por primeira vez. O cómputo total de distintivos ascende a 166 ao sumarse portos, centros e carreiros. Arquivo: Europapress.Ademais das 112 praias, o territorio galego contará con catorce centros de visitantes e aulas da natureza, así como once portos que tamén lucirán bandeira azul este 2022.
Cando lle digan que “é só fútbol” ensinen a Conchita e ao seu Pontevedra. O amor a unhas cores, a paixón que non se esgota a pesar dos anos, a calor da bancada… Fútbol. No seu estado máis puro.