Propostas para o último fin de semana do ano en Galicia

A popular carreira de San Silvestre, un concerto de rock na Coruña, festa de Fin de Ano no Obradoiro... Galicia prepárase da mellor maneira para despedir o 2022


|

San Silvestre A Coruña
San Silvestre A Coruña

Carreira de San Silvestre: Varias cidades e pobos galegos celebran este 31 de decembro a popular carreira de San Silvestre. A Coruña, Santiago, Pontevedra, Narón, Vigo, Lugo, Ourense... En moitos recunchos da comunidade poderemos gozar deste evento deportivo e lúdico que ten lugar cada Fin de Ano.

 

Festa de Fin de Ano no Obradoiro: Non hai mellor maneira para un galego de celebrar a entrada ao novo ano que tomando as uvas na Praza do Obradoiro. Ás 13:30 deste 31 de decembro comezará a festa amenizada pola orquestra Fania Branco Show, que contará con uvas e cotillón gratuíto para todos aqueles que se acheguen a recibir o 2023 na capital de Galicia.

 

Os Mecánicos: Este trío de rock xúntase na Coruña esta Noitevella. The Beatles, Rolling Sotnes, Elvis Presley, Nei Diamond... A música destes e moitos outros artistas mesturarase este Fin de Ano no Garufa Club da Coruña da man deste novo grupo.

 

Serie Amarela: Últimos días para ver a exposición permanente de Xaime Quessada no Vello Cárcere de Lugo. Nela, o artista retrata, empregando cores pastel, o sufrimento humano de distintos pobos e por distintos motivos: guerras, fames negras, violacións, etc.

 

Belén electrónico de Begonte: Até o último sábado de xaneiro poderá visitar no Centro Cultural José Domínguez Guzmán, de Begonte (Lugo). Este Belén con pezas artesanais e con mecanismos electrónicos móbiles ten unha superficie de 150 metros cadrados e conta con máis de 150 figuras, que se renovan cada ano, feitas desinteresadamente polos veciños.

 

Museo Massó de Bueu: Este 31 de decembro ás 12:00 o Museo Massó de Bueu (Pontevedra) realizará unha visita guiada para todos os públicos á antiga fábrica de salgadura da praia de Mourisca.

 

Vos tres poquiños: Ás 18:00 horas deste sábado, a Sala Ártika de Vigo acolle o espectáculo infantil 'Vos tres porquiños'. Trátase dun teatro para os máis pequenos, no que poderá gozar toda a familia. Unha sesión de 30 minutos cargada de monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE