A organización ‘Proxecto Lobo’ denuncia a presenza de furtivos nos montes galegos, un problema o do furtivismo “especialmente flagrante” en Galicia segundo a plataforma.
A auscencia de viandantes ou de tráfico na cidade herculina atrajó a este curioso xabaril ás rúas da Coruña.
Os datos do Servizo Galego de Saúde parecen demostrar que as restricións comezan a ter efecto sobre as cifras de casos activos no conxunto das áreas galegas. Esta xornada cinco das sete áreas sanitarias ofrecen cifras de descenso de casos activos, con só A Coruña e Pontevedra referindo un salto nos seus casos, aínda que en ambos os casos non é especialmente preocupante.
A pontevedresa era a muller máis lonxeva da comunidade. Ao longo da súa vida destacou por ser un personaxe moi activo dentro do Partido Socialista Obreiro Español. Hoxe, os socialistas galegos choran o falecemento de Xosefina, entre eles o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, que a define como unha muller "comprometida e de ideas socialistas".
A permanencia conquistada o pasado curso non foi suficiente logro para salvar a súa cabeza este ano, onde un mal comezo de curso levou á directiva do club para prescindir dos seus servizos."O club transmite o seu máis sincero agradecemento, tanto ao adestrador catalán como aos seus colaboradores, polo seu traballo, profesionalidade e esforzo demostrado durante a súa etapa no RC Celta, na que conseguiron certificar a permanencia nunha complicada tempada 2019/20", indica o Celta na súa web. A etapa de García estivo marcado pola inestabilidade, tanto no xogo –provocado en gran medida polo baixo rendemento dalgúns xogadores chamados a liderar o club- como nos despachos e no vestiario, xa que foron moi soadas as súas rifas entre Felipe Miñambres, director deportivo, ou Hugo Mallo, excapitán do Celta por decisión do propio Óscar.