Falece aos 110 anos en Cuntis a muller máis anciá de Galicia: Xosefina Villaverde
A pontevedresa era a muller máis lonxeva da comunidade. Ao longo da súa vida destacou por ser un personaxe moi activo dentro do Partido Socialista Obreiro Español. Hoxe, os socialistas galegos choran o falecemento de Xosefina, entre eles o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, que a define como unha muller "comprometida e de ideas socialistas".

Xosefina Villaverde durante o seu 109 aniversario | Foto: PSdeG Cuntis
"Loitadora, libre, comprometida e adiantada aos seus tempos. Os 110 anos non che quitaron o sorriso dos teus beizos. Sempre disposta a compartir vivencias e saberes, fuches e serás por sempre un referente para Cuntis e para o socialismo", din desde o PSdeG de Cuntis.
"As persoas márchanse, pero das que son boas, como ti, sempre perdurarán os bos recordos. Sempre che levaremos no corazón e no pensamento. Que a terra che sexa leve" , conclúe a organización local.
Segue lendo a noticia en Catalunyapress.
Escribe o teu comentario