OFICIAL: ​O Celta, unha máquina de triturar técnicos, cesa a Óscar García Junyent

A permanencia conquistada o pasado curso non foi suficiente logro para salvar a súa cabeza este ano, onde un mal comezo de curso levou á directiva do club para prescindir dos seus servizos."O club transmite o seu máis sincero agradecemento, tanto ao adestrador catalán como aos seus colaboradores, polo seu traballo, profesionalidade e esforzo demostrado durante a súa etapa no RC Celta, na que conseguiron certificar a permanencia nunha complicada tempada 2019/20", indica o Celta na súa web.  A etapa de García estivo marcado pola inestabilidade, tanto no xogo –provocado en gran medida polo baixo rendemento dalgúns xogadores chamados a liderar o club- como nos despachos e no vestiario, xa que foron moi soadas as súas rifas entre Felipe Miñambres, director deportivo, ou Hugo Mallo, excapitán do Celta por decisión do propio Óscar.


|

O adestrador de Sabadell deixa a disciplina celeste pouco despois de cumprir un ano á fronte do banco.


Óscar garcia




Ser adestrador do Celta de Vigo converteuse nun traballo de risco. Desde a marcha de Eduardo Berizzo fai xa catro tempadas, ningún adestrador do Celta durou máis dun ano no banco do club galego. Óscar García é o último en sumarse a unha lista de herdeiros do 'Toto' na que están Juan Carloz Unzué, Antonio Mohamed, Miguel Cardoso e Fran Escribá.


O xa extécnico do Celta deixa o cargo xusto cando se cumpría un ano da súa chegada a Vigo. Un ano e cinco días despois, Óscar deixa a disciplina celtiña cun récord de 8 vitorias, 17 empates e 13 derrotas. A permanencia conquistada o pasado curso non foi suficiente logro para salvar a súa cabeza este ano, onde un mal comezo de curso levou á directiva do club para prescindir dos seus servizos.


"O club transmite o seu máis sincero agradecemento, tanto ao adestrador catalán como aos seus colaboradores, polo seu traballo, profesionalidade e esforzo demostrado durante a súa etapa no RC Celta, na que conseguiron certificar a permanencia nunha complicada tempada 2019/20", indica o Celta na súa web. 



A etapa de García estivo marcado pola inestabilidade, tanto no xogo –provocado en gran medida polo baixo rendemento dalgúns xogadores chamados a liderar o club- como nos despachos e no vestiario, xa que foron moi soadas as súas rifas entre Felipe Miñambres, director deportivo, ou Hugo Mallo, excapitán do Celta por decisión do propio Óscar. As lesións, unha planificación deportiva canto menos deficiente ou a crise do coronavirus, co seu consecuente efecto sobre as arcas do club, tamén lastraron a etapa do adiestrador.


Agora, xusto no parón de selecciónes, o Celta debe idear unha nova folla de roteiro e definir a que quere xogar coas opcións que hai no mercado. Nos últimos días os nomes de Marcelino e Berizzo soaron con forza, pero tanto o caché do asturiano como o contrato do arxentino con Paraguai fan moi complicado que se poidan abordar estas contratacións. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE