​Cazadores furtivos “rebentan dun disparo de socato” e abandonan a un lobo de cinco meses en Cualedro

A organización ‘Proxecto Lobo’ denuncia a presenza de furtivos nos montes galegos, un problema o do furtivismo “especialmente flagrante” en Galicia segundo a plataforma.


|

A organización ‘Proxecto Lobo’ denuncia a presenza de furtivos nos montes galegos, un problema o do furtivismo “especialmente flagrante” en Galicia segundo a plataforma.


O proxecto científico advirte que xa reclamou á Xunta que se realice a necropsia ao animal e confían en que as investigacións poidan pescudar quen ou quen son os culpables deste brutal suceso.


Lobo disparo

Imaxe publicada por 'Proxecto Lobo'


O ‘Proxecto Lobo’ é un proxecto científico que busca realizar o primeiro censo nacional do lobo ibérico. Esta organización, “independente das administracións e baseado na ciencia cidadá”, foi a que difundiu estas duras imaxes para denunciar “a indignante situación que vive o lobo ibérico en España en pleno século XXI e da que desgraciadamente, en moitos casos, somos testemuñas directas”.


Desde a organización relatan que os feitos ocorreron durante unha cacería o pasado xoves 29 de outubro na localidade ourensá de Cualedro. O lobezno, duns cinco meses, foi brutalmente “foi rebentado dun disparo de socato” e abandonado á súa sorte “seguramente polos mesmos cazadores nun denso piñeiral, onde foi atopado o pasado venres 30 de outubro de 2020”. O corpo do animal atópase “case partido en dous” á espera da necropsia solicitada por Grupo Lobo Galicia no centro de Recuperación de Especies de Alto do Rodicio.


“O pequeno lobato, pertence a un grupo familiar que seguimos desde hai meses desde os grupos de traballo de Grupo Lobo Galicia e en concreto, un dos nosos voluntarios, José Ángel Penín, que foi quen realizou as fotografías, está especialmente afectado, xa que ao facer estes seguimentos implícasche dunha maneira moi íntima co grupo familiar obxecto do estudo”, sinalan desde a organización.




“O FURTIVISMO CAMPA Ás súas anchas”

Na mesma liña, advirten que moitos destes animais aos que realizan un seguimento “aparecen e desaparecen de forma misteriosa”. Algunhas mortes son “autorizadas” polas administracións, que tamén as publican. “Pero outras moitas non o son e Galicia é un caso especialmente flagrante onde o furtivismo campa ás súas anchas, como publicamos no noso informe de ‘Aproximación ao Balance de Mortalidade Non Natural do Lobo Ibérico”, lamentan desde a plataforma.


Doutra banda, desde a organización avanzan que se está investigando o suceso, pero por temor a que se arquive esta denuncia como tantas outras, “publicámolo en RRSS a ver se a Xunta de Galicia toma cartas no asunto dunha vez por todas”.


“É moita a impotencia e rabia que sentimos a diario, máxime cando suceden este tipo de repugnantes situacións onde se pon de manifesto a crueldade humana en toda a súa extensión”, critican desde a organización. “Hoxe máis que nunca é necesario protexer ao lobo co mesmo status que teñen desde hai moitos anos, o lince, o oso, as grandes rapaces, etc. Con iso non poderemos asegurar que deixen de matar os furtivos, pero poderáselles procesar por un grave delito contra a fauna silvestre protexida”, conclúen.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE