A evolución da pandemia en Galicia segue marcando un ritmo lento este Nadal, pero condicionado polo pouco número de test PCR que veñen practicando nos últimos días.
A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS permite ver como a situación, ás portas de Noitevella, mantense "estable dentro da gravidade" no conxunto de Galicia. Os cambios máis importantes danse hoxe nas cidades despois de que onte todas elas ofrecesen un descenso nas súas cifras. Vigo é hoxe a que máis sobe, mentres Pontevedra é o que máis baixa.
A Pobra do Caramiñal entra esta noite, como Porto do Son, no nivel de restricións medio-alto, que obriga á hostalería para aplicar reducións de aforo máis severas e pechar ás 17 horas. O pobrense era o único municipio da comarca sen restricións e agora os veciños cuestionan a eficacia dos peches perimetrais.
Lugo será, xunto Ourense, as dúas únicas cidades sen peche perimetral en Fin de Ano, despois de que este luns o comité clínico haxa decidido que pasa ao nivel básico de restricións, mentres que por contra, os municipios de Viveiro, Verín, Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, Noia e Lousame pasan o nivel máximo de restricións debido á evolución epidemiolóxica do coronavirus.
Un profesional médico do complexo hospitalario herculino confirmou para este medio que se trata dunha muller procedente do Reino Unido. Desde o CHUAC e o SERGAS recalcan que aínda se considera un caso “sospeitoso”: “Non hai confirmación. Está a ser estudado”.
Con todo, é tamén a terceira xornada seguida cunha positividade por encima do 5% que marca a OMS. Hoxe é do 5,51% despois de detectar 277 novos positivos. Os repuntes dos últimos días levaron á media semanal de Galicia ha dar botes de forma case constante, oscilando entre o descenso e a alza, nos dous casos pouco significativo.
A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS permite ver como a situación segue sendo "estable dentro da gravidade" no conxunto de Galicia, aínda que con municipios na Mariña de Lugo que experimentan unha subida preocupante.