Covid por concellos: estalido de casos en Vigo (+54), A Coruña (+43), Santiago (+34) e as súas localidades veciñas

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS permite ver como o escenario que debuxan as principais cidades de Galicia segue sendo desolador: todas revisten unha alza de casos constante e sen freos. 


|

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS permite ver como o escenario que debuxan as principais cidades de Galicia segue sendo desolador: todas revisten unha alza de casos constante e sen freos. 

O impacto do nadal comeza a ser notorio, e máis neste día no que Galicia rompe o seu récord de novos positivos en 24 horas. Todas as áreas galegas ven crecer hoxe as súas cifras, coas áreas coruñesa, viguesa e santiaguesa desbocadas moi por encima do centenar de novos casos nun só día. 



O nivel de alerta nas sete cidades é moi distinto. A capital galega, xunto coa cidade herculina, atópase no nivel máximo de alerta, cunha incidencia acumulada en 14 días por encima dos 250 casos por 100.000 habitantes. A cidade olívica, a cidade departamental e a cidade termal, atópase no nivel laranxa con unha incidencia acumulada de entre 150 e 250 casos por 100.000 habitantes. Por baixo diso atópanse en rosa escuro a cidade amurallada e a cidade do Lérez, con unha incidencia acumulada de entre 50 e  150 casos por 100.000 habitantes.


Ciudad a cidade, Vigo sofre un avariación en 24 horas de máis de medio centenar de casos: 54 máis nun só día. A Coruña repunta con 43 máis e Santiago con 34 máis. É significativo ver como algúns municipios contiguos a estas cidades tamén experimentan un salto moi preocupante nas súas cifras, arrastrados polo efecto das grandes urbes. Así, Ponteares e Redondela, lindeiros á cidade viguesa, crecen en 18 e doce casos respectivamente; Arteixo e Oleiros, pegadas á cidade herculina, crecen en 37 e dez casos máis; e Ames, veciña da capital, sobe en 18 casos desde onte


Ourense experimenta unha subida dunha vintena de casos, Ferrol engade sete máis e Pontevedra catro máis. Só Lugo, sen cambios desde onte, ofrece unha certa estabilidade.


Por concellos, apreciamos variacións moi significativas en A Pastoriza (35 máis) e Tui (18 máis). Curiosamente, estes dous municipios rexistraron hai poucos días brotes nos seus xeriátricos, polo que todo parece indicar que hai que sumar novos afectados a eses brotes en residencias. Pontecesures con catorce, Valga, con trece máis, Culleredo, con doce, Viveiro con outros doce ou Noia con once son outros dos municipios que rexistran saltos importantes nunha xornada negra para o conxunto de Galicia. 


ÁREAS SANITARIAS

Este empeoramento xeneralizado ten un efecto demoledor nas áreas sanitarias. A Coruña e Santiago de Compostela son as áreas que máis crecen, con 139 e 133 casos máis en só 24 horas. Minetras que os test detectaron 171 novos positivos na área coruñesa, na compostelá foron 169. A positividade, en cambio foi do 12,3% na primeira e do 7,8% na segunda. 


A pesar de crecer menos, 108 casos máis en 24 horas, Vigo é a que lidera o capítulo de novos positivos: 209 desde onte. Con todo, a porcentaxe de positividade na área viguesa é do 7,6%, moi lonxe do 19,1% que marca a veciña Pontevedra, aínda que esta só computou 55 novos casos que a levaron a engadir sete positivos máis ás súas cifras de casos activos.


Doutra banda, Lugo e Ourense tamén sofre repuntes sensibles nos seus algarismos: 73 e 38 casos activos máis. A área lucense anotou 87 novos positivos cunha positividade do 5,1%, mentres que a auriense, cunha positividade do 7,2%, rexistrou 79 contagios. 


Ferrol é a única que ofrece un certo optimismo, ao ser a única que lanza unha positividade por baixo do 5% que marca a OMS: 4,8%. Faio tras rexistrar 28 novos positivos e crecer en cinco casos activos máis.



Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este sábado 9 de xaneiro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.392, dos cales 1.696 son da área da Coruña, 699 de Lugo, 856 de Ourense, 724 de Pontevedra, 1.330 da área de Vigo, 1.650 de Santiago e 437 de Ferrol. 


 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE