Balbino, "o Tom Sawyer galego", e as súas 'Memorias dun Neno Labrego' cumpren 60 anos

A Cidade da Cultura acolle un acto en homenaxe á figura de Neira Vilas e a 'Balbino', protagonista da obra

|

O libro, considerado un clásico universal, celebra o seu 60 aniversario desde a súa primeira publicación en Buenos Aires. 


Con motivo da efemeride, , a Cidade da Cultura acolleu este xoves un acto conmemorativo tanto da figura do propio Neira Vilas, o seu autor, como de 'Balbino', o protagonista da obra. 


Acto de conmemoración dos 60 anos da publicacion de Memorias dun Neno Labrego


'Memorias dun neno labrego', a obra mestra de- Xosé Neira Vilas, cumpre 60 anos desde a súa publicación en Buenos Aires e consolidouse como un clásico universal, ademais dun dos libros máis lidos e traducidos da historia literaria galega.


Por este motivo, a Cidade da Cultura acolleu este xoves un acto conmemorativo tanto da figura do propio Neira Vilas como de 'Balbino', aquel mozo de aldea que narraba en primeira persoa a realidade e as características do rural galego e os problemas aos que se enfrontaban os seus habitantes.

O acto foi inaugurado coa voz do cantautor Manoele de Felisa, que puxo música á historia do propio 'Balbino', e coa intervención do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, que incidiu na importancia da obra de Neira Vilas como elemento "transcendental" e como "fito" na configuración da cultura galega contemporánea.

Rodríguez puxo en valor o "legado" do autor, como creador dun personaxe "tan identificado con Galicia" e "co que Galicia identifícase", e que materializou unha obra que definiu como "o best seller da literatura galega.

Fernando Redondo, presidente da Fundación Neira Vilas, incidiu en que a historia de 'Balbino', o "Tom Sawyer" galego, "transcende tempo e lugar" e "segue vixente" na actualidade, mostrando aos mozos de hoxe en día a importancia de "observar" e preguntarse sobre o mundo que lles rodea, ademais de "rebelarse contra as inxustizas".


A PEGADA DO AUTOR

Posteriormente, o presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal, incidiu en que a obra de Neira Vilas puxo aos galegos "de fronte a esa situación social" que se vivía nas aldeas do territorio, na que máis da metade da xente carecía de propiedades.


Así mesmo, lembrou ao autor como "un dos que máis se entregou a Galaxia" e unha figura coa que a editorial está "obrigada moralmente" a conservar e difundir.

Finalmente, o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, puxo en valor tanto o legado de Neira Vilas, como o importante traballo da fundación e dos docentes que lembran a importancia da súa obra nos centros educativos e que descobren aos alumnos a "pegada" que tivo no país.


O 'UNIVERSO BALBINO'

Tras a súa publicación na editorial 'Follas Novas' en 1961, 'Memorias dun neno Labrego' contou con 35 edicións e máis de 700.000 exemplares, ademais de ser traducida a preto de 17 idiomas como o sueco, alemán, esperanto ou ruso.


A obra contou ademais con numerosas adaptacións e iniciativas teatrais, audiovisuais musicais ou pictóricas que configuran o chamado 'universo Balbino'.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE