Galicia xa supera o récord de contaxiados en 24 horas da segunda onda: 798 novos positivos nun día

A tendencia ascendente da pandemia en Galicia marca un novo pico con case 800 novos casos en só 24 horas. Desde a primavera a comunidade non alcanzara cifras semellantes e hai que remontarse ao 31 de outubro, en pleno climax da segunda onda con 775 novos positivos, para ver uns números parecidos.


|

A tendencia ascendente da pandemia en Galicia marca un novo pico con case 800 novos casos en só 24 horas. Desde a primavera a comunidade non alcanzara cifras semellantes e hai que remontarse ao 31 de outubro, en pleno climax da segunda onda con 775 novos positivos, para ver uns números parecidos.


As altas médicas, que esta xornada volven estar por encima das 400, mitigan un pouco este duro golpe, pero non impiden que Galicia creza en 503 casos activos máis desde onte.



Este salto nas cifras de máis de medio milleiro evidencia que os contagios disparáronse por mor das celebracións do Nadal. Isto motivou que a Xunta de Galicia aplique novas restricións sobre A Coruña ou Santiago de Compostela, mentres blinda as entradas e saídas para o que queda de mes. Na mesma liña, o goberno galego insta á cidadanía a "autoconfinarse" mentres a enfermidade segue gañando terreo. 


No referido ás PCR, hai que celebrar que Galicia parece retomar a velocidade de cruceiro despois de que onte realizásense 8.390 probas, a cifra máis alta desde Noiteboa. En calquera caso, a positividade segue disparada, alcanzado o 9,5%. Isto supón romper outro récord, xa que é a máis alta desde o 19 de outubro, cando a porcentaxe alcanzou o 10%. A porcentaxe de positividade semanal, nesta liña, tamén se ve afectado, ao subir ata o 8,2%. 






A alza de casos nestes primeiros días do ano levou á media semanal de Galicia ha situar se nuns valores moi preocupantes, ao crecer hoxe a media semanal a un ritmo do 3,5%, un 0,9% máis que o día anterior. A comunidade non crecía a este ritmo desde o 2 de novembro. 


 

ALIVIO NOS HOSPITAIS

Ademais das máis de 400 altas médicas, hai que celebrar que, a pesar dos repuntes, Galicia leva xa dous días rebaixando a presión hospitalaria. Hoxe son oito camas menos ocupadas, polo que en 48 horas a rebaixa neste capítulo é dunha vintena, o que dá algo de aire aos centros hospitalarios.


A pesar de todo, hai que lamentar cinco decesos máis. En só dez días contabilizáronse case medio centenar de mortes por Covid-19, segundo as cifras oficiais da Xunta, que anotan 1.441 falecidos desde o inicio da pandemia. 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE