A Deputación de Lugo plantará cara a Filomena con "todos os seus recursos"

A Deputación de Lugo prevé poñer "todos os seus recursos, tanto humanos como técnicos", ao dispor dos veciños da provincia para atender ás incidencias que deixe o temporal de inverno 'Filomena' ao longo da fin de semana.

|

O goberno provincial, sabedor da situación meteorolóxica adversa desta fin de semana, desprega un amplo dispositivo para operar nas calzadas lucenses tamén este domingo.


O organismo lugués enumerou os medios cos que conta, como as toneladas de sal, as decenas de operarios ou a maquinaria da que dispón.


Estrada xeada en Folgoso do Courel (Lugo).


A Deputación de Lugo prevé poñer "todos os seus recursos, tanto humanos como técnicos", ao dispor dos veciños da provincia para atender ás incidencias que deixe o temporal de inverno 'Filomena' ao longo da fin de semana.

A través dun comunicado, o goberno provincial asegura que manterá despregado "ao 100 por 100" dos seus medios para facer fronte ás previsións de fortes xeadas e para facer a rede viaria lucense "o máis segura posible".

En concreto, a Deputación dispersará un total de 112 operarios e 64 máquinas e dispoñerá de máis de 420 toneladas de sal nos 12 silos que ten situados "estratexicamente" noutros tantos concellos da provincia.

A institución, gobernada polo socialista José Tomei, comprou xa unhas 800 toneladas de sal desde principios de decembro que foi esparexendo polas estradas e facilitando aos municipios que o necesitasen "previa solicitude".

Neste contexto, e ante as incidencias que se prevén para esta fin de semana pola chegada de 'Filomena', a Deputación lembra que "todos os concellos" que precisen abastecerse de sal "por razóns de urxencia" debe dirixir unha solicitude ao coordinador de emerxencias da rede viaria provincial, co obxectivo de dar "unha resposta eficaz e adecuada" a cada petición e facer "un control ordenado" dos recursos.

Ante este panorama, o goberno provincial recomenda á cidadanía consultar as previsións meteorolóxicas antes de saír de casa e extremar todas as precaucións.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE