Fomento

Fomento "deixa a Galicia fóra" dos investimentos ferroviarios en cercanías

En Marea critica que o PP "recorte ano tras ano" en Galicia, a pesar de que é onde ten a súa "única maioría absoluta".

Competencia emenda os plans de Fomento e insiste en liberalizar as alternativas ao taxi

A CNMC di que os requisitos para os VTC, como Uber e Cabify, non se xustifican e restrinxen a competencia.

​A AP-9 sobe as peaxes case un 4% e Fomento descarga culpas na "herdanza recibida"

En Marea cualifícao de "atraco a man armada a miles de usuarios da vía, legalizado a través do BOE".

López Veiga: "Os portos galegos non poden quedar sen ferrocarril"

O presidente do porto de Vigo di que esperar dez anos polo Corredor Atlántico "sería coma darse un tiro no pé".

A oposición non compra as escusas de De la Serna coa AP-9

En Marea considera "unha burla" que se "utilice a Cataluña", o PSdeG pide a Feijóo que recupere a "credibilidade" e o BNG repróchalle que aplauda "os incumprimentos".

Goteo de anuncios de Fomento para non dar o brazo a torcer coa AP-9

Entre obras e compromisos sobre peaxes, De la Serna chega este luns a Galicia "para lavar a súa imaxe", segundo interpreta Leiceaga.

Abren os ramais da AP-9 en Sigüeiro despois de semanas acabados

Fomento anuncia a posta en servizo desta obra o mesmo día que estaba prevista unha manifestación de protesta.

O Goberno central volve vetar a tramitación da transferencia da AP-9

Fomento volve basear a súa negativa na incidencia orzamentaria do traspaso, con pagos que cifra "nun mínimo" de 554 millóns. 

Os estibadores desconvocan os paros deste xoves nos portos

A decisión ten lugar despois de convocarse unha nova reunión entre os sindicatos e a patronal Anesco | Mantéñense de momento os paros para o venres

Os estibadores convocan catro novos paros parciais de 48 horas

Os sindicatos convocan novas folgas sen que terminase o calendario programado, que prevé paros parciais o luns, mércores e venres da próxima semana.

Os estibadores inician hoxe 48 horas de folga nos portos

O gremio en folga ofrece un período sen conflitividade ata o 30 de setembro para acabar de negociar e pechar o novo convenio.

A estiba retoma a negociación para evitar 'in extremis' a folga desta semana

Os tres días de paro levados a cabo a semana pasada ocasionaron unhas perdas de 36 millóns de euros e desvíos definitivos de tráfico. 

Case o 100% dos estibadores secunda a folga, segundo os sindicatos

Advirte do seu impacto na economía, as fábricas e o comercio, e fixa servizos mínimos de ata o 100% para mercadorías perecedoiras, que os sindicatos consideran "abusivos". 

Os estibadores convocan outros cinco días de paro nos portos para este mes

Sucederán ás folgas xa previstas para a próxima semana e arroxan un escenario de tres semanas consecutivas de conflito. 

Fomento insiste en que as datas do AVE son as definitivas

Da Serna defende no congreso que as obras "teñen garantida o investimento suficiente para o ano 2017 e seguintes para cumprir cos prazos establecidos e comprometidos."

A baixada de proxectos de Fomento lastra a obra pública en España

Cae un 10,6% nos catro primeiros meses o ano, ata supoñer 2.718,83 millóns de euros | A falta de orzamentos é un dos factores que afectan o descenso. 

Os estibadores rebaixan un 10% o seu soldo a cambio de que se garanta o emprego

A rebaixa salarial afectará só a aqueles que cobran máis de 2.230 euros mensuais | A asemblea da Coordinadora apoia o preacordo coa patronal, que esperan pechar o 1 de xuño

Os estibadores ameazan con folga se non se garante o emprego

Entenden que o Real Decreto Lei aprobado o pasado venres pretende "despedir aos estibadores portuarios con fondos públicos"

O Goberno aproba un novo Decreto para reformar a estiba e evitar unha multa da UE

Prevé someter o texto a votación para a súa convalidación no Congreso o próximo 18 de maio | Entre as novidades, destaca a obrigación de realizar prácticas para converterse en estibador.

Fomento baralla aprobar o Decreto da estiba este venres ou o próximo

Unha vez que o Consello de Ministros aprobe o Real Decreto Lei este trasladarase ao Congreso para a súa preceptiva convalidación nun mes.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE