O colectivo vigués 'Enfermeiras sen cadeas', con apoio dos sindicatos CIG, Prosagap e CC.OO. denunciou este xoves as "condicións de escravitude" do contrato de continuidade que lles ofrece o Sergas (e que tamén ofreceu aos médicos), e anunciou unha concentración de protesta para o próximo 16 de setembro, ante a dirección provincial de Sanidade, en García Barbón.
A plataforma de profesionais de enfermería ha contrargumentado o documento da administración galega e recalca a súa “desconformidade” no relativo “ás formas e os datos vertidos na mesma”, cualificando o escrito de “un breve e opaco resumo do persoal de enfermería”. Ademais, define como "alegales" os métodos do SERGAS para cubrir as baixas do persoal fixo.
Organizacións e asociacións enfermeiras de Estados Unidos, Australia ou Uruguai mostraron o seu respaldo á Lei de Seguridade do Paciente impulsada por o Sindicato de Enfermería (SATSE) a través dunha Iniciativa Lexislativa Popular, co obxectivo de que se garanta por Lei un número máximo de pacientes por cada enfermeiro en España.
A Consellería de Sanidade dirixiuse a Galiciapress para responder o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita. As especialistas protagonizaron concentracións contra a gran precariedade da súa profesión este mediodía diante dos hospitais públicos.
Reunión de Enfermeiras en LoitaA este respecto, unha dos seus portavoces, relata que "ven casos verdadeiramente aberrantes".
O informe detalla que o persoal que ocupaba praza en propiedade representaba o 62,8% do total, moi lonxe do 88% que vendían os altos cargos da Xunta e do SERGAS.
Para SATSE esta “dobre vara de medir dalgúns responsables públicos aos que non lles desbasten pezas á hora de subirse o soldo en canto chegan ao cargo” evidencia o trato das administracións aos traballadores públicos, “sendo máis gravoso o caso das enfermeiras e enfermeiros, aos que se quitou o 6% na súa nómina mensual” en 2010.
O anuncio de Feijóo de ofertar contratos máis estables non baixa a garda do sector, que segue denunciando “novas prazas estruturais de enfermeiros e a reconversión das prazas vacantes”. Estas medidas, reclamadas tanto para a asistencia hospitalaria como para a Atención Primaria, foron recalcadas pola Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria.
Os enfermeiros e enfermeiras de Galicia ven sometidos por parte do SERGAS a unhas condicións laborais abusivas, e así o denuncia o documento redactado por Enfermeiras Eventuais en Loita, colectivo formado por máis de dez grupos locais da área sanitaria da comunidade.
O sindicato médico critica que "en lugar de aproveitarse o verán para seguir traballando na redución das listas de espera", estas "increméntanse aínda máis".
As traballadoras relacionaron a enorme precariedade que soportan co problema de envellecemento que sofre Galicia. O presidente reacciona prometendo contratos "estables, prorrogables por anos" de forma inmediata e adiantando que haberá máis diñeiro para as familias que teñan bebés, pero só para algunhas.
Con todo, a práctica totalidade de sindicatos e colectivos do serctor seguen considerando que ese número é do todo insuficente para compensar anos de recortes, nos que nin sequera se convocan os postos dos funcionarios que se xubilaban."A eventualidade na enfermería galega non é algo puntual", conclúe o informe.
Membros do colectivo foron obrigados pola seguridade do Parlamento para tapar os logos das camisetas reivindicativas que levaban para poder presenciar o debate celebrado esta mañá na cámara.
A pesar dos continuos problemas en Atención Primaria, provocados en boa medida polo elevado número de eventuais, o mandatario galego enarbora o seu "compromiso persoal" tras lembrarlle a oposición que unha enfermeira do SERGAS chegou a encadear 810 contratos temporalesPese aos continuos problemas en Atención Primaria, provocados en boa medida polo elevado número de eventuais, o mandatario galego enarbora o seu "compromiso persoal" tras lembrarlle a oposición que unha enfermeira do SERGAS chegou a encadear 810 contratos temporais