​Datos importantes do Sistema Nacional de Saúde

Veremos que os datos que revela este informe son moi significativos e dan luz a moitos dos interrogantes de por que o sistema ten tan mala valoración polos usuarios...pero @ s profesionais que traballan nel teñen tan boa nota nas enquisas do propio ministerio de sanidade.


|

Explicación do informe do “Sistema Nacional de Saúde” ( SNS), a xaneiro do 2019. Veremos que os datos que revela este informe son moi significativos e dan luz a moitos dos interrogantes de por que o sistema ten tan mala valoración polos usuarios...pero @ s profesionais que traballan nel teñen tan boa nota nas enquisas do propio ministerio de sanidade.


Comezaremos explicando cales son os principais problemas crónicos de saúde: 20% hipertensión arterial, 19% dor lumbar, 18% colesterol alto, 18% artrose, 15% alerxias, 11% saúde mental, 8% diabetes. O 80% dos problemas de saúde son: HTA, lumbalxias, cifras de colesterol alta e artrose. Independentemente de que unha persoa poida ter todas…… A saúde mental representa o 11% e non dispoñemos de psicólog@ s nos centros de saúde. A artrose e as lumbalxias resolveríanse con fisioterapia en moitas ocasións e non dispoñemos de fisioterapeutas nos centros de saúde. Coa colaboración de enfermería, e de outros profesionais, moitos dos problemas de saúde poderían resolverse neste nivel asistencial.


A distribución do gasto sanitario público xestionado polas comunidades autónomas é o seguinte: en remuneración do persoal: 45%; en consumos intermedios: 26%; noutros conceptos: 19%; nos concertos: 9%; nos servizos de atención especializada: 64%; en Farmacia: 17% ; en Atención Primaria: 14% e noutros: 5%.


No SNS, temos en Medicina 144.000 profesionais: 35.000 profesionais en Atención Primaria, 81.000 profesionais en hospitais, 3.000 profesionais en Servizos de Urxencias e Emerxencias (no 112 e no 061) e 25.000 profesionais especialistas en formación. Otr@s profesionais: 294.000, desagregados en 26.000 otr@ s profesionais en Atención Primaria, 253.000 otr@s profesionais en Hospitais, 13.000 otr@s profesionais en Servizos de Urxencias e Emerxencias (no 112 e no 061) e 2.000 outros profesionais especialistas en formación. Si valoramos a cantidade de persoal en AP e en AH e comparámolo que resolución de problemas ás persoas, vemos que a metade de persoal de AP resolven o 80% dos problemas sanitarios da xente. Importante a diferenza de gasto: nos servizos de atención especializada: 64% e en Atención primaria: 14%...


Por habitante, o SNS gasta 1.559 euros na pública; na privada concertada gastan 631 euros por habitante atendido. Agora, en Galicia, pretenden as autoridades sanitarias darlle aos que atenden na privada, a capacidade de poder receitar medicamentos, co cal sería a porta de entrada ao encarecemento da minuta neste concepto  


No gasto sanitario, o SNS a nivel Público, gasta 72.000 millóns de € / ano o 6,5 % do PIB

e 1.559 € / habitante; 7 de cada 10 € destinados a asistencia curativa, rehabilitación e coidados de largaduración; 11.000 millóns de € en receitas de medicamentos. O sistema privado concertado, gasta 29.000 millóns € /ano o 2,6 % do PIB e 631 € / habitante; 9 de cada 10 € son pagos directos dos fogares, principalmente asistencia curativa e rehabilitadora (incluída a atención dental), medicamentos ( incluído o copagamento), lentes e audífonos. Por habitante, o SNS gasta 1.559 euros na pública; na privada concertada gastan 631 euros por habitante atendido. Agora, en Galicia, pretenden as autoridades sanitarias darlle aos que atenden na privada, a capacidade de poder receitar medicamentos, co cal sería a porta de entrada ao encarecemento da minuta neste concepto (11.000 millóns de euros en receitas de medicamentos gástanse na Pública). É clarificador a diferenza de gasto na privada e na pública por persoa: evidentemente a calidade non pode ser a mesma, sendo ademais a Pública a que realiza os procedimentos máis conplejos e de máis custo: tratamentos de pacientes con accidentes cerebro vasculares, enfermidade de Alzheimer, operacións cirúrxicas complicadas e de largaduración na rehabilitación, etc.).


No Sistema Sanitario Público, preto de 7 de cada 10 persoas consideran que o sistema sanitario funciona ben. Máis de 2 de cada 10 opinan que necesita cambios. Menos de 1 de cada 10 pensa que hai que refacelo. A valoración polo cidadán do sistema sanitario é moi boa (7 sobre 10): nas consultas de Atención Primaria un 7,3. Nos Ingresos e asistencia en hospitais 6,9. Nas consultas de atención especializada 6,8. Na atención de urxencias un 6,1. Está claro que a cidadanía percibe que a atención que recibe por parte dos profesionais sanitarios é a idónea e cunha nota alta. Deberíase preguntar á xente pola xestión dos recursos na Sanidade Púca. Que opina dos xestores,  algo que nunca se fai.


Outro tema importante é a atención de galegos noutras CCAA e cidadáns destas comunidades atendid@ s en Galicia. Atendemos máis en Galicia: máis do dobre para ser exactos. Aínda que en realidade non son estritamente pacientes, sinon asistencias, no ano 2018 en Galicia se atendióa 236.838 ciudadáns doutras comunidades, mentres que outros servizos de saúde atenderon a 113.344 galeg@ s, o que supón menos da mitade. Quen paga esta atención? Faise a través dun sistema de compensación, o Fondo de Garantía Asistencial ( FOGA). Cada comunidade contabiliza no seu sistema de información as asistencias que realiza anualmente a pacientes que están aquí temporalmente pero residen noutras autonomías, e o Ministerio, realiza unha compensación entre elas. Pero, faise así en realidade…….?


Algo tan importante e que é o ben máis prezado que temos: a saúde, non podemos deixalo languidecer por culpa da mala xestión dos recursos. Nas nosas mans está coidalo e melloralo e que non sexa a privada a que se faga cargo de servizos nos que previamente a administración non investiu os recursos necesarios  


Cos dados expostos, temos que ser conscientes de que o SNS, tal e como está recollido na Constitución do estado español e nos estatutos de autonomía de cada Comunidade Autónoma, é moi bo. O uso que estamos a facer del e a administración dos recursos por parte dos  xestores é o que falla. Algo tan importante e que é o ben máis prezado que temos: a saúde, non podemos deixalo languidecer por culpa da mala xestión dos recursos. Nas nosas mans está coidalo e melloralo e que non sexa a privada a que se faga cargo de servizos nos que previamente a administración non investiu os recursos necesarios, para logo ter a desculpa de privatizalos. Somos moitos e moitas, as persoas que defendemos o sistema desde diferentes estamentos...pero é cousa de todos e todas.


Un país que ten unha Atención Primaria de calidade, universal de verdade, digna e que a administración inviste o que corresponde nela, xunto que labor que fan os profesionais, é un país avanzado e terá unha saúde moito mellor, cuns índices de calidade a alza, comparado con aquel que só inviste en sanidade especializada, en grandes  aparellos e con recursos para a sanidade privada.


Manifestación en Santiago de Compostela  dos médicos de Atención Primaria de Galicia para solicitar maior tempo de atención aos seus pacientes



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE