Enfado da enfermería pola imaxe pouco realista dada do sector en 'Zapeando'
O Sindicato de Enfermería, SATSE, denunciou ao programa humorístico de A Sexta pola imaxe que deu dos enfermeiros e enfermeiras nun dos seus sketch, onde vestiron á colaboradora Valeria Ros con "un disfrace totalmente inapropiado" para mostrar "de maneira equivocada e enganosa algunhas actividades asistenciais e de coidados que realizan estas profesionais sanitarias de maneira habitual nos centros sanitarios".

Fragmento do sketch de 'Zapeando'
Coa súa denuncia, enmarcada na campaña permanente de información e sensibilización social 'Rompe cos estereotipos', o sindicato busca poñer de manifesto o enfado e malestar de todo o sector, con mensaxes dos profesionais da enfermería en redes sociais criticando o tratamento recibido por parte do programa. Desde SATSE xa emprenderon accións como dirixirse por carta á dirección do programa e á empresa produtora.
"O Sindicato de Enfermería entende o carácter lúdico e humorístico do programa, pero considera que este non pode trasladar aos seus millóns de espectadores unha imaxe que conleva o prexuízo público e social dos profesionais de Enfermería", lamenta o sindicato no seu comunicado, confiando en que desde o programa pidan desculpas aos profesionais do sector.
Coa campaña, desde SATSE xa lograron sensibilizar á poboación e a diversas empresas sobre esta cuestión, logrando que RTVE, que tamén ofreceu unha imaxe pouco realista do sector, pedise desculpas públicas.
Escribe o teu comentario