O informe de sustentabilidade mundial elaborado por S&P Global 'Sustainability Yearbook 2021 outorga á entidade bancaria presidida por Jordi Gual e dirixida por Gonzalo Gortázar o segundo posto no seu escalafón, o que se traduce nunha medalla de prata entre as máis de 7.000 compañías que figuran no mesmo.
IFM Global Infraestructure Fund, un fondo investidor asesorado por IFM Investors, pretende adquirir ao redor dunha cuarta parte do accionariado de Naturgy Energy Group por un valor superior aos 5.000 millóns de euros. En concreto, IFM busca facerse co 22,69% do accionariado, o que se traduce en 220 millóns de accións.
Antes de que a Mesa de Análise de Resultados se reuna este martes, Ricardo Casas, vicepresidente do comité de empresa, explica para Galiciapress os pormenores das trabas que segundo a compañía energetica, conducen ao peche da planta. Uns impedimentos emendables, cando non directamente "falsos", ou directamente presentados como excepcionais cando estes xa existían durante a época do carbón. A pesar de todo, o peche agora empuxa ao éxodo a toda unha comarca.
A plataforma ‘Galiza Un Futuro Sen Carbón’ indica que o peche das Pontes, sumado ao de Meirama, supón “un enorme avance na descarbonización do sistema eléctrico galego”.
Ás críticas do alcalde das Pontes, o socialista Valentín González Formoso, súmase agora María Pena Purriños, concelleira de Industria, que nesta entrevista para Galiciapress reprocha a Endesa a súa actitude tras saltarse os procedementos pactados e pide á Xunta que teña moi presente a situación do municipio e da comarca para os proxectos tractores sobre os que virará a economía galega nas próximas décadas.
O peche da central térmica non pillou por sorpresa ao Concello das Pontes, que no último ano comprobou como a intención de Endesa non era outra que botarlle a chave á planta sen importar a súa viabilidade.
Ricardo Casas, vicepresidente do comité de empresa da central térmica das Pontes, atende a Galiciapress para profundar na realidade da factoría, que a día de hoxe subsiste cun persoal mermado e coa ameaza de despedimentos que pesa tanto sobre a central como sobre as empresas auxiliares. As alternativas industriais na zona, a tan ansiada transición enerxética xusta ou futuras protestas son outros dos temas desta conversación.
O comité de empresa da central térmica das Pontes denuncia unha vez máis os movementos de Endesa na planta e acusa á dirección de acometer un “desmantelamento camuflado”.
Coa alianza entre PSA e FIAT – Chrysler nace Stellantis, o cuarto maior grupo automobilístico do mercado.
Desde o sindicato CXT denuncian que Atento obrigou a volver traballar no centro a un grupo de empregados neste contexto de pandemia, polo que piden a retirada desta medida.