​Atento, servizo técnico de Movistar, “arrisca a vida dos seus traballadores”, que inician a súa folga de 24 horas

Desde o sindicato CXT denuncian que Atento obrigou a volver traballar no centro a un grupo de empregados neste contexto de pandemia, polo que piden a retirada desta medida.


|

Desde o sindicato CXT denuncian que Atento obrigou a volver traballar no centro a un grupo de empregados neste contexto de pandemia, polo que piden a retirada desta medida.


Segundo a empresa, esta decisión vén motivada polos datos de calidade na atención telefónica referida ao servizo técnico de Movistar. A compañía advirte que estes datos están “por baixo da media establecida”, algo que negan os traballadores.


Callcenter



Nesa liña, os empregados tachan de “falsa” e “perversa escusa” a explicación ofrecida desde Atento, que se escuda en “dar unha formación personalizada e presencial en tempos de pandemia, nun sector e nunha empresa onde por motivos sanitarios -tamén produtivos-  o traballo a distancia está establecido e normalizado hai meses”.


Do mesmo xeito, os traballadores denuncian unha nova clausula incluída pola empresa nos acordos de teletraballo “que a capacita para obrigar ao retorno ao traballo presencial do persoal en función da media dos resultados de calidade na atención dos servizos”, unha cláusula que consideran abusiva.



PARO DE 24 HORAS

Con este novo paro de 24 horas queremos lembrar a Atento, e ao seu cliente Movistar, que a nosa saúde está por encima de calquera interese empresarial”, reprochan desde o comité de empresa. A continuación, lembran que a partir do 8 de xaneiro retomásense os paros de dúas horas os venres “mentres continúen poñendo en perigo as nosas vidas”.


“O Comité de Empresa seguirá a esixir o teletraballo durante a pandemia para garantir a nosa saúde. É importante lembrar que o traballo realizado no sector do telemarketing pódese facer indiscutiblemente a distancia, tal e como está a realizar a maioría do persoal de Atento hai meses”, conclúen.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE