O barómetro do CIS pregunta por unhas hipotéticas eleccións xerais, pero vista a proximidade das eleccións galegas, a desagregación de datos na autonomía ten especial interese.
Al contrario de lo que se filtró al mediodía suscitando malestar en Podemos, no hay aún acuerdo cerrado para una coalición de la izquierda rupturista para las autonómicas.
“Se o pesadelo de Arrimadas é que o BNG goberne, fagámolo realidade”, di animosa a candidata do Bloque nesta entrevista en Galiciapress, a primera das conversas con candidatos que publicará este xornal. E é que Ana Pontón (Sarria, 1977) vese con forzas para superar a Gonzalo Caballero, a quen acusa de fuxir do debate co Bloque. De chegar á presidenica, promete que o primeiro que fará será derrogar a lei que limitou o ensino en galego. A situación de Ferroatlántica, Alcoa e Alu Ibérica; a crise no agro, a marcha de Villares e a investigación de PEMEX son outros puntos da entrevista, ademais da súa recente maternidade.
Galiciapress resume todas as enquisas publicadas desde xaneiro para as eleccións galegas do domingo 5 de abril de 2020.
Non haberá pacto de dereitas en Galicia, por moito que Cidadáns ameace con desfacer o que eles mesmos propuxeron unir en Cataluña e o País Vasco. Feijóo non está disposto a que polo ben do PP noutros lugares o PPdeG teña que sacrificar as súas exitosas siglas. Nin "Mellor unidos" nin "España Suma", o PP galego irá só aos comicios, como moito facendo sitio a quen queira asumir o seu distintivo. Así o deixou claro, outra vez, o presidente galego hoxe en en a festa de Lalín.
En conclusión, só hai unha arma mellor no arsenal de Feijóo que a atomización do espazo á esquerda do PSdeG; a debilidade electoral de Vox que mostran as enquisas; debilidade que , por certo, nin de lonxe foi tanta nas aínda recentes eleccións xerais.
Permitirá o presidente do PPdeG a idea de integrar a candidatos localistas na lista do PP de Ourense? Pola resposta de hoxe, Feijóo parece que non ten moitas ganas de ceder algún posto aos de Jácome. Outra cousa é que Democracia Ourensá participe nunha futura reunión do "centro dereita reformista".
O espazo rupturista repite os erros que o desangraron esta lexislatura. ANOVA segue debaténdose entre volver con Podemos e Esquerda Unida ou montar unha coalición con algunhas mareas municipalistas (suponse que as de Compostela e A Coruña) e darlle outra oportunidade a En Marea. Todo a isto a menos unha semana do fin de prazo para inscribir coalicións.
O líder de Podemos Galicia competirá nas primarias da súa formación para designar candidato á Presidencia da Xunta. Antón Gómez Reino convocou esta mañá aos medios na Coruña para confirmar o que ata o de agora era unha información oficiosa. O deputado convértese así, polo menos en teoría, en favorito para liderar unha confluencia da esquerda rupturista nas eleccións galegas.
O novo Goberno de Galicia dependendo dun deputado de Democracia Ourensá (DO). Ese escano o detenta Gonzalo Pérez Jácome ou a súa man dereita, Miguel Caride. Esta situación é por agora política ficción, poida que só un soño inconfesable do líder Democracia Ourensá. Con todo, tras a sorprendente rolda de prensa de Jácome e José Manuel Baltar onte, o que parece imposible pode chegar a suceder.
Bastou que se filtrase que esta mañá Íñigo Urkullu ía convocar eleccións vascas para que todo o calendario político galego saltase polo aire. Alberto Nuñez Feijóo acaba de confirmar que o día 5 de abril os galegos tamén irán ás urnas. Esta é a crónica política do porqué deste adianto e de quen sae gañando con el.