"Simpatizantes, afiliados, cargos orgánicos e cargos institucionais galegos" se han apuntando a Cidadáns Es O teu. É a corrente que na V Asemblea Xeral laranxa aposta por un cambio de modelo de partido con "máis democracia interna".
Estas dereitas mostran un relato político que debuxa para a campaña unha axenda política que terá como eixo central o insulto que, segundo o Partido Popular de Galicia, está a facerlle a este país o novo goberno español (PSOE/ UP).
Mentres o instituto estatal leva moitos meses poñendo ao PSdeG con bastante vantaxe sobre PP en Galicia, a empresa do grupo Voz publica unha enquisa que sitúa aos conservadores doce puntos por encima deses socialistas, cos que os de Feijóo empataron tecnicamente nas xerais de hai dous meses e medios.Así, o PP sería o máis votado co 43% do voto (once puntos máis do que lle dá o CIS e dos que sacaron nas xerais), o que lle permitiría sumar xusto os 38 escanos da absoluta.