#CsEresTú Galicia: militantes e cargos que queren cambiar o rumbo Cidadáns

"Simpatizantes, afiliados, cargos orgánicos e cargos institucionais galegos" se han apuntando a Cidadáns Es O teu. É a corrente que na V Asemblea Xeral laranxa aposta por un cambio de modelo de partido con "máis democracia interna". 


|

"Simpatizantes, afiliados, cargos orgánicos e cargos institucionais galegos" participan en Ciudadanos eres tu.  É a corrente que na V Asemblea Xeral laranxa aposta por un cambio de modelo de partido con "máis democracia interna". 


Hoxe deron o seu primeiro paso público en Galicia. Nun comunicado remitido a Galiciapress  explican que "agrupacións galegas empezáronse a coordinar co fin de presentar a emenda á totalidade redactada polo grupo #CsEresTú baixo o título Democracia e Liberdade".


Presentaciu00f3n de Cidadáns es o teu en Madrid con Igea no Centro

Presentación con Igea no centro


PACTAR CO PP DE GALICIA?

Na súa misiva, este grupo non toma postura sobre a oferta de Inés Arrimadas para coaligarse co PP en eleccións como as inminentes galegas. Con todo, pódese tachar a nova  corrente como crítica coa liña oficial que promulga Arrimadas.


O aparello laranxa en Galicia, liderado por persoas como Laureano Bermejo ou Beatriz Pino, é afín a Arrimadas e tamén ao seu intento de noivado con o PP. Por tanto, é de esperar, en teoría, que este grupo non confíe tanto en compartir futuro nas urnas con os conservadores.


QUEN É?

Fontes desta plataforma indican a Galiciapress que é demasiado pronto para falar de nomes propios. "Atopámonos nun momento de debate interno no que se debe falar de ideas, proxecto e modelo e non de nomes", argumentan. Nin sequera, cando son interpelados, polo de Gregorio Revenga, único concelleiro en Pontevedra. Goyo Revenga acaba de ser suspendido de militancia por votar co BNG e o PSdG os novos orzamentos tras lograr sacar adianta varias das súas propostas. 


A nivel estatal si hai un nome que soa como posible líder deste sector. É Francisco Igea, líder de Cs en Castela e León e vicepresidente desa autonomía. Revenga foi un dos cargos galegos que mostrou nas redes sociais a presentación da plataforma a nivel estatal en Madrid.






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE