A enquisa da Voz, que borra a Vox e Cs mapa, debuxa o panorama perfecto para que Feijóo repita

Mentres o instituto estatal leva moitos meses poñendo ao PSdeG con bastante vantaxe sobre PP en Galicia, a empresa do grupo Voz publica unha enquisa que sitúa aos conservadores doce puntos por encima deses socialistas, cos que os de Feijóo empataron tecnicamente nas xerais de hai dous meses e medios.Así, o PP sería o máis votado co 43% do voto (once puntos máis do que lle dá o CIS e dos que sacaron nas xerais), o que lle permitiría sumar xusto os 38 escanos da absoluta.


|

Alguén se equivoca, ou o CIS ou Sondaxe. Mentres o instituto estatal leva moitos meses poñendo ao PSdeG con bastante vantaxe sobre PP en Galicia, a empresa do grupo Voz publica unha enquisa que sitúa aos conservadores doce puntos por encima deses socialistas, cos que os de Feijóo empataron tecnicamente nas xerais de hai dous meses e medio.


Así, o PP sería o máis votado co 43% do voto (once puntos máis do que lle dá o CIS e dos que sacaron nas xerais), o que lle permitiría sumar xusto os 38 escanos da absoluta. Son, en todo caso tres menos dos que ten agora.



Gru00e1fico emitido pola TVG da enquisa de Sondaxe publicada pola Voz

Imaxe sobre a enquisa publicada pola CRTVG


O PSOE subiría de 14 a 18 deputados en O Horreo, sumando o 21,3%. O último CIS outorgáballe un 28,4%.  Clara vantaxe sobre o terceiro, que xa non sería a confluencia liderada por Podemos.


Os morados serían adiantados por un BNG moi ao alza. Os de Ana Pontón pasarían de 6 escanos a 11, case duplicando o seu voto ata o 14,5 por cento. Un avance enorme, pois nas xerais de novembro sacaron o 8,13% dos votos.


Unha hipotética alianza de Podemos, Esquerda Unida e Anova sumaría só 8 deputados, fronte aos 14 que tivo no seu día En Marea.


Por certo, a coalición de En Marea de Luís Villares non entraría no Parlamento pero si sacaría máis votos, por exemplo, que Vox. Algo moi sorprendente, pois nas últimas estatais Vox logrou case o 8% dos votos e En Marea nin se presentou, porque  nas anteriores de primavera só sacase o 1,1%


TODO SON BOAS NOTICIAS PARA O PPDEG

En definitiva, pola dereita, non lle dá opción algunha nin a Cidadáns (4,3 % nas últimas xerais) nin a Vox; o que coincide co discurso de Alberto Nuñez Feijóo, que leva meses argumentando que votarlles é favorecer á esquerda. O PP móstrase con moitas opcións de gobernar  outra vez con maioría absoluta; pero, iso si, carece de marxe de erro, o que pode contribuír a mobilizar ao seu electorado.


AS ESQUERDAS NON RENDIBILIZARÍAN O PACTO DE  MADRID

Pola esquerda, a alianza de socialistas e Podemos en Moncloa só reportaría réditos, e insuficientes, para o PSdeG de Gonzalo Caballero. Podemos en Galicia e as súas alianzas só conseguiría salvar 8 dos 14 deputados que tivo en Marea. 


Aproveitaríase disto un BNG en forte ascensión, incremento que xa está a enarborar o PP como estratexia para meter medo ao electorado de centro - dereitas. O seu discurso pasa por advertir que se non goberna o PPdeG, a Xunta quedaría en mans dunha coalición na que tería moito poder uns nacionalistas que seguen a estratexia independentista dos seus homólogos cataláns e vascos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE