Está Villarejo detrás da publicación da foto que supuxo a morte política de Anxo Quintana? Analizamos as claves dunha imputación, a do xefe de Seguridade da construtora galega San José, que pode axudar a entender un xiro crave na historia de Galicia.
Mentres o instituto estatal leva moitos meses poñendo ao PSdeG con bastante vantaxe sobre PP en Galicia, a empresa do grupo Voz publica unha enquisa que sitúa aos conservadores doce puntos por encima deses socialistas, cos que os de Feijóo empataron tecnicamente nas xerais de hai dous meses e medios.Así, o PP sería o máis votado co 43% do voto (once puntos máis do que lle dá o CIS e dos que sacaron nas xerais), o que lle permitiría sumar xusto os 38 escanos da absoluta.
O alcalde da Coruña desmentiu unha noticia de La Voz de Galicia sobre o Festival Ruarte. Xulio Ferreiro, ademais, adianta que a Asesoría Xurídica do Concello dá Coruña tomará cartas no asunto.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia emitiu un comunicado no que expresa “a súa especial preocupación pola situación laboral que se vive en La Voz de Galicia e transmite a súa solidariedade ao persoal despois de que a empresa presentarse o plan de reestruturación que prevé despedimentos e recortes salariais”
La Voz de Galicia propuxo ao seu persoal unha redución salarial de entre o 12,5% e o 14,5%. O Comité de Empresa "considera inaceptable" esta proposta inicial de negociación.