O alcalde da Coruña culpa á Voz de "vulnerar os dereitos do meu fillo e da miña filla"
O alcalde da Coruña desmentiu unha noticia de La Voz de Galicia sobre o Festival Ruarte. Xulio Ferreiro, ademais, adianta que a Asesoría Xurídica do Concello dá Coruña tomará cartas no asunto.
O alcalde da Coruña desmentiu unha noticia de La Voz de Galicia sobre o Festival Ruarte. Xulio Ferreiro, ademais, adianta que a Asesoría Xurídica do Concello dá Coruña tomará cartas no asunto.
O candidato da Marea Atlántica considera especialmente grave a publicación dunha fotografía na que saen os seus fillos. A noticia nada ten que ver cos menores, pero o xornal ilustrouna cunha imaxe na que saen eles, coas carras distorsionadas. O alcalde queixouse da información "falsa" e na actualidade a foto dos menores desapareceu da web do xornal.
Una dos grafitis artísticos creados no marco do Festival Ruarte | Lida Cao - coruna.gal
Esta información de @lavozdegalicia é falsa, como se encargará de explicarlle a Asesoría Xurídica do Concello. A isto estou afeito, debo recoñecelo. Ou que xa é intolerable é que se vulneren vos dereitos do meu fillo e dá miña filla. Como se pode ver, non era difícil evitalo. pic.twitter.com/B95VohCncw
— Xulio Ferreiro (@XulioFerreiro) 20 de maio de 2019
A Voz informou do malestar da Asociación de Veciños Ensanada do Orzán con Ruarte, pois entenden que non se lles consultou e que o Concello leva meses facendo oídos xordos ás súas peticións de limpeza de pintadas.
O Festival organizou pintadas artísticas autorizadas nos enreixados dalgúns comercios afectados, precisamente, por pintadas vandálicas.
Escribe o teu comentario