Villarejo imputado por espiar a xornalistas da Voz por encargo de San José durante o concurso eólico

O titular do Xulgado Central de Instrución número 6, Manuel García Castelló, imputa formalmente ao director de Prevención, Seguridade e Patrimonio do Grupo San José, José Antonio Carpinteiro, por un delito de suborno activo, no marco da peza 16 do 'caso Tándem' na que se investigan os 'servizos' que ofrecía a empresa do comisario xubilado e en prisión provisional José Manuel Villarejo á construtora.

|

Está Villarejo detrás da publicación da foto que supuxo a morte política de Anxo Quintana? Analizamos as claves dunha imputación, a do xefe de Seguridade da construtora galega San José, que pode axudar a entender un xiro crave na historia de Galicia.


O titular do Xulgado Central de Instrución número 6, Manuel García Castelló, imputa formalmente ao director de Prevención, Seguridade e Patrimonio do Grupo San José, José Antonio Carpintero, por un delito de suborno activo, no marco da peza 16 do 'caso Tándem' na que se investigan os 'servizos' que ofrecía a empresa do comisario xubilado e en prisión provisional José Manuel Villarejo á construtora.


Tal e como adiantaba este martes 'El Confidencial' e resume Europapress, a peza sobre a construtora galega abriuse a partir da existencia de indicios que apuntaban a que se recorreu ao comisario para espiar a xornalistas de 'La Voz de Galicia' no marco da información que manexaban os redactores sobre a concesión de licenzas para levantar parques eólicos hai unha década. 


Quintana e Jacinto Rey no Xarey na foto que marcu00f3 o final da carreira do entón lu00edder do BNG



SAN JOSÉ PERDEU MOITO COA DERROTA DO BIPARTITO

A sospeita de que foron informadores de La Voz os espiados por Villarejo é moi relevante politicamente para Galicia. Foi precisamente hai algo máis dunha década que a parte nacionalista do bipartito sacou o seu polémico concurso eólico. San José era unha das beneficiadas nunha repartición na que entraron moitas empresas galegas e pequenas, fronte aos dominadores do sector habitualmente, as grandes enerxéticas estatais.


Anteriormente, Jacinto Rey revolvera o mercando  mediático galego comprando o centenario semanario nacionalista A Nosa Terra  e financiando a creación de Xornal de Galicia, ambos con liñas editoriais favorables ao bipartito e  a Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta e líder do BNG.


UNHA FOTO QUE ENTERROU Ao QUINTANISMO

Cando Quintana aproximábase á precampaña, foi precisamente La Voz de Galicia  quen liderou unha dura ofensiva mediática contra o BNG, en especial contra o seu concurso eólico. Moi destacada foi tamén a publicación naqueles días dunha foto tomada a distancia de Quintana no iate do construtor. 


A imaxe do líder dunha forza de esquerdas no barco dun magnate foi un dos factores que máis desgastou a Quintana. O PPdeG aproveitouno durante unha dura campaña -por exemplo aquí unha presentación difundida polo PP de Arzúa no seu día. 


Esas eleccións supuxeron un desastre para Quintana,  o BNG perdeu un escano pola Coruña. Foi suficiente para enterrar ao bipartito, a carreira política de Quintana e con el o seu concurso eólico. 


O novo presidente, Alberto Nuñez Feijóo,  anulou o concurso eólico do bipartito e lanzou outro concurso, alegando que o anterior era ilegal. As adxudicatarias recorreron e a Xustiza obrigaron á Xunta a indemnizalas. 


É no medio deste envurullo político-económico-mediático agora sae á luz que, presuntameante, a empresa de Jacinto Rey contratou a Villarejo para espiar a xornalistas de La Voz de Galicia sobre o concurso eólico. 


Un Villarejo que é coñecido, entre outras cousas, por gravar e recompilar información comprometida sobre os seus propios clientes. Ten algo que ver o Comisario coa filtración daquelas fotos tomadas con teleobxetivo?


IMPUTADOS

Por agora, sábese que en o auto, o xuíz da Audiencia Nacional cita a Carpinteio para tomarlle declaración en condición de investigado. Ademais, tamén cita a Villarejo, ao que lle imputa formalmente a súa participación nun delito de suborno pasivo (figura que describe o suborno a un funcionario), e ao socio do comisario na empresa Cenyt, Rafael Redondo, polo mesmo delito.


O maxistrado decreta tamén o levantamento do secreto das actuacións ao cambiar as circunstancias que o aconsellaban e entendendo que o coñecemento do actuado polas partes non prexudicará á investigación en curso.


QUE MATERIAIS SOBRE SAN JOSÉ HABÍA NA CASA DE VILLAREJO?

En concreto, a investigación sobre o Grupo San José, que conforma a peza separada número 16 da macrocausa, xorde a partir do achado de documentación nos materiais intervidos a Villarejo tras a súa detención en novembro de 2017.

Esta é a segunda peza da que se levanta o secreto neste mes de febreiro, despois de que o maxistrado García Castelló decidise alzalo na peza 9 na que se instrúe a relación das empresas do comisario retirado co BBVA.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE