La Voz propón recortar salarios outra vez e "ameaza" con despedimentos

La Voz de Galicia propuxo ao seu persoal unha redución salarial de entre o 12,5% e o 14,5%. O Comité de Empresa "considera inaceptable" esta proposta inicial de negociación.


|

La Voz de Galicia propuxo ao seu persoal unha redución salarial de entre o 12,5% e o 14,5%. O Comité de Empresa "considera inaceptable" esta proposta inicial de negociación.



Santiago rei a voz de galicia nuu00f1ez feijoo

Santiago Rey e Nuñez Feijóo | Casa Real


POSIBLES DESPEDIMENTOS

Nun comunicado remitido aos traballadores a principios de mes, ao que tivo acceso Galiciapress, o Comité advirte que a empresa propón o recorte nunha proposta que inclúe "a ameaza de despedimento de 60 traballadores ao longo da vixencia do acordo (un ano, 2019)". E é que a oferta ofrece "unha garantía de emprego só para o 80 % do persoal ao 31 de decembro, é dicir, descontadas as baixas incentivadas".


O grupo Voz xa executou despedimentos hai uns anos. Segundo datos do anterior Comité en 2013, "62 compañeiros foron despedidos desde 2012". Tras esa época de conflitividade e unhas eleccións sindicais, asinouse un acordo en 2014 -que xa incluía un recorte de salarios do 10,5% anual- e seguiron anos de paz laboral. Os represetantes actuais dos traballadores lembran que "a última vez que se asinou un acordo deste tipo, a empresa executou todos os despedimentos aos que estaba facultada".


COBRAR POR LER A WEB

Para os asalariados, "a proposta da empresa resulta máis sorprendente sempre que está a pedir ao persoal un esforzo suplementario para que se adecúe a novos horarios". Novos horarios que poderían ter que ver cunha reorganización informativa da cabeceira líder na autonomía.


Segundo Dircomfidencial , o diario de Santiago Rey Fernández - Latorre aposta por unha dirección única para o papel e a web despois do Día de Reyes de 2019. Tamén volverá tentar instaurar un muro de pago, cuxas características están por definir, a partir do 25 de marzo.


Este cambio de modelo de negocio tentárono varias veces esta e outras cabeceiras, sen que por agora ningún diario impreso lograse consolidala con éxito.  Lavozdegalicia.es hai tempo que xa empuxa a que algúns usuarios habituais a rexistrase, por agora gratis, para ler as informacións.


O Comité garante o compromiso dos traballadores co "novo proxecto", pero non entende que a empresa ofreza  a cambio"despedimentos e aumentar o recorte salarial"; aínda que tamén é certo que a plataforma de negociación inclúe "a recuperación relacionada co 50 % dos beneficios da empresa".


En declaracións a Galicia Confidencial, fontes da editora xustifican garantir só o mantemento do 80% do cadro de persoal, negan despedimentos nos últimos anos -chámanlle "baixas incentivadas"-, e destacan a "paz social" dos últimos exercicios, á espera do que deparen as novas negociacións en base á súa primeira proposta.


CAÍDA DE VENDAS

Como todos os diarios en papel, La Voz sufre unha constante caída de vendas de exemplares. De acordo a o OJD de 2017, ten unha difusión media de 65.000 exemplares. A súa difusión era de 97.000 exemplares en decembro de 2010.










Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE