Sondaxes

A enquisa da Voz, que borra a Vox e Cs mapa, debuxa o panorama perfecto para que Feijóo repita

Mentres o instituto estatal leva moitos meses poñendo ao PSdeG con bastante vantaxe sobre PP en Galicia, a empresa do grupo Voz publica unha enquisa que sitúa aos conservadores doce puntos por encima deses socialistas, cos que os de Feijóo empataron tecnicamente nas xerais de hai dous meses e medios.Así, o PP sería o máis votado co 43% do voto (once puntos máis do que lle dá o CIS e dos que sacaron nas xerais), o que lle permitiría sumar xusto os 38 escanos da absoluta.

Os socialistas galegos gobernarán case todas as cidades, segundo outra enquisa

Só Lores resiste en Pontevedra ao ascenso do PSdG. Parece que o efecto da vitoria de Sánchez permitirá aos socialistas gobernar en case todas as urbes, aínda que unicamente en Vigo lograrán a absoluta. 

Crónica dunha mina non anunciada

Un veciño do Pino, ante a falta de información oficial, crea un mapa das sondaxes de Atalaia Minning con cen perforacións en leiras privadas e públicas. Os críticos coa mina, que este domingo convocan unha manifestación, denuncian que son perforacións ilegais nas que se abandonan residuos. En declaracións a Galiciapress, a mineira rebate estas acusacións. "Hai multitude de xurisprudencia que indica a non esixencia de licenza municipal cando se trata de sondaxes de investigación pouco profundos", argumenta.

Denuncian a realización de máis de 360 sondaxes ilegais en Touro

Os veciños denuncian que a empresa Cobre San Rafael realizaría máis de 360 sondaxes de maneira ilegal e sen licenza municipal.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE