Todas as enquisas para as eleccións do #5A en Galicia: o PP sobe ata os 41


Galiciapress resume todas as enquisas publicadas desde xaneiro para as eleccións galegas do domingo 5 de abril de 2020.


|

Galiciapress resume todas as enquisas publicadas desde xaneiro para as eleccións galegas do domingo 5 de abril de 2020.


Se o domingo era Metroscopia - El Confidencial o que lle daba a maioría Alberto Nuñez Feijóo con 39 deputados, hoxe GAD-3 estima que os conservadores chegarán ata 41. É dicir, tres máis que a maioría absoluta dos 38 deputados.




No que coinciden todas as enquisas publicadas ata o de agora é que En Marea non ten opcións de entrar no Parlamento, polo menos en solitario. Aínda que está por ver se ao final os de Luís Villares únense con ANOVA e algunhas mareas municipalistas.


GAD3 dálle ao PSOE 21 deputados, que é o mellor resultado para os socialistas nunhas enquisas ata o de agora. De pouco valeríalle aos de Gonzalo Caballero tal progreso, porque nin nesta enquisa nin en ningunha outra lle dá para sumar cos seus posibles socios.


O segundo socio en importancia nun eventual goberno de esquerdas parece que sería o BNG. O diario madrileño dálle 11 deputados, os mesmos que estimou A Voz o mes pasado. Todas as enquisas apuntan a que os de Ana Pontón podería estar preto de duplicar a súa representación no Hórreo.


Os máis prexudicados nas enquisas son as forzas da esquerda rupturista. Con En Marea borrada do mapa e ANOVA aínda sen decidirse se presentarse coas mareas municipalistas ou con Galicia en Común (GeC, a coalición de Podemos e EU), este espazo electoral perde fol. Moitísimo fol segundoABC, que os deixa en 2 deputados que salva GeC. 





Está por ver se unha nova candidatura do partido de Beiras con mareas como a de Coruña ou Santiago tería opcións.


Opcións que ninguén lle concede por agora nin a Vox nin a Cidadáns. Iso a pesar  Vox sacou case o 8 por cento nas xerais deste outono e, en teoría, non sufriron ningunha desfeita que permita prever que o seu voto derrúbese.


 Teniendo en cuenta que nesas xerais estivo a lle pelexar ao Bloque uno dos nove escanos por Coruña ata ben avanzada a noite electoral, cun 9,5% dos galegos fronte a un 8,2% dos españolistas ao final;  votos sería raro que agora Vox non tivese opcións de pelexar agora ,por o menos , para entrar pola Coruña; dado que en hai moitos máis escanos a repartir nos comicios autónomicos en cada provincia. 


Así, A Coruña repartirá 25 actas de parlamentarios autonómicos fronte ás 9 que repartiu de deputados estatais. Con todo, o 2,9% que lle dá ABC deixa a Vox Coruña sen opcións, pois hai que sacar polo menos un 5% a nivel provincial para poder competir por un escano.


Cidadáns segue fóra de xogo. Gad 3 concédelle 1,7 dos votos.


LphuA evoluci n enquisas eleccións galegas 5a









Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE