CSIF

CSIF di ser o líder entre os sindicatos nos concellos galegos
CSIF é o sindicato con máis representación nos concellos galegos, onde conta con maioría nun 48% deles, segundo informa nun comunicado.
​CSIF impugna pola vía legal a convocatoria de prazas do Servizo de Prevención de Incendios Forestais

O sindicato denunciou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o concurso para os postos de persoal funcionario correspondentes ao ano 2018. 

Probables cambios nas listas de contratación para incendios

A CSIF ten constancia de que a Administración pretende realizar cambios ao redor das probas físicas dos candidatos.

Os sindicatos votan en contra de ampliar o persoal do corpo de bombeiros de Ourense con interinos

A proposta do concello obrigaría aos recentemente chegados a aprobar dúas oposicións en lugar de só unha para entrar a formar parte de maneira definitiva do servizo de bombeiros

Os sindicatos prepáranse para as mobilizacións contra a oferta de carreira profesional do Sergas

Sindicatos con representación na Mesa Sectorial de Sanidade mantiveron este xoves unha reunión para preparar mobilizacións conxuntas en Galicia para rexeitar a carreira profesional que propón o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

CESM é o único sindicato que acepta o acordo do Sergas sobre a Carreira Profesional

"Non se viu un xesto suficientemente sensible cara ao persoal interino, que ten longa continuidade", criticou Satse, á vez que lamentou o "refrito de cousas que non aparecían antes" en textos anteriores da Administración. 

A subida salarial do funcionariado galego dependerá da aprobación dos PGE

Os sindicatos de función pública denuncian que os empregados públicos desta comunidade son os que con máis forza sufriron os axustes durante a crise, polo que esixen recuperar "o furtado".


CSIF pide á Xunta que mellore a última oferta da folga de Xustiza

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) continúa apostando pola mediación no conflito da Administración de Xustiza. Non aceptan a última proposta da Xunta de Galicia e instan o goberno autonómico a mellorar a oferta.

Tres dos sete sindicatos asumen o acordo que pon fin á folga de Xustiza

A Xunta de Galicia deu de prazo aos sindicatos ata o pasado venres 18 ás 14.00h para aceptar o acordo. De non facelo, advertiu que se sentiría "liberada" de calquera compromiso e adoptará a decisión que corresponda para pechar formalmente o conflito.

O Comité de Empresa do Hostal dos Reis Católicos concéntrase o luns para esixir melloras laborais

O Comité de Empresa do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, integrado polos sindicatos CSIF, CIG, CUT e CCOO, convocou para este luns unha concentración de protesta coa que reivindicarán unha "negociación real" e a "firma dun convenio digno" á presidenta de Paradores de Turismo, Ángeles Alarcó.

CSIF pide un mediador para a folga da Xustiza rachando a unidade sindical

Tras a dimisión do presidente do comité de empresa este fin de semana, seguen aparecendo fendas entre os sete sindicatos que negocian o paro. CSIF pide unha "actitude responsable" a outras centrais e propón un ex-xuíz para mediar coa Xunta.

Unha disposición dos PGE podería supor o despedimento de 4.500 interinos da Xunta

O CSIF advirte que o proxecto de lei dos PGE establece un límite de tres anos na contratación de persoal laboral temporal. 

CSIF denuncia que a Xunta obriga aos seus empregados a dar detalles médicos para conceder permisos

O sindicato advirte de que a Administración autonómica "arríscase a multas que oscilan entre 300.001 e 600.000 euros" por vulnerar a Lei de Protección de Datos. 

Polémica entre CSIF e a Xunta por nomeamentos "a dedo"

O sindicato denuncia que "o 13% dos postos de funcionarios" continúan como de "libre designación" e o Executivo defende que avanza para xeralizar os concursos de méritos.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE