CSIF impugna pola vía legal a convocatoria de prazas do Servizo de Prevención de Incendios Forestais
O sindicato denunciou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o concurso para os postos de persoal funcionario correspondentes ao ano 2018.
O sindicato denunciou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o concurso para os postos de persoal funcionario correspondentes ao ano 2018.
O sindicato CSIF levou ante a xustiza as súas queixas pola Oferta de Empelo Público nos procesos selectivos do Servizo de Prevención de Incendios Forestais correspondente ao ano 2018. O recurso, ante o tribunal contencioso administrativo, denuncia que as OPE que van desde 2017 ata 2019 “incumpren gravemente o acordo de Bombeiros Forestais asinado por CSIF” xa que se convocan “un número de prazas inferior ao acordado”.
“Ademais, a oferta é convocatoria de prazas de persoal funcionario prexudica gravemente os dereitos do persoal laboral do SPIF, impedindo a algúns traballadores temporais de longa duración presentarse ao proceso selectivo”, sinala a nota do sindicato, advertindo que os afectados “carecen da nova titulación esixida”.
“Por moito que algúns mintan, estes procesos aprobados co voto a favor de CCOO e UXT n pódense considerar como unha consolidación ou estabilización do emprego debido a que se puntúan igual os servizos prestados na Xunta que os prestados noutras administracións”, lamenta o organismo sindical, criticando que ou se estableza “unha nota de corte” para garantir o acceso á fase de concurso.
O sindicato anuncia que a súa decisión de acudir aos xulgados débese ao “incumprimento dos compromisos adquiridos” e “en defensa dos acordos asinados”. Do mesmo xeito, afirma ser o defensor de “os dereitos do persoal do Servizo de Prevención de Incendios Forestais fronte a mala fe do eixo político-sindical formado por CCOO UXT e o goberno do PP”.
Escribe o teu comentario