No caso de que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya inhabilite ao actual presidente do Goberno de Cataluña, Laura Borràs, a exconsejera de Cultura e actual Portavoz de Junts per Catalunya no Congreso dos Deputados, sería a encargada de substituír a Quim Torra á fronte da Generalitat.
A Confederación Española de Transporte e Mercadorías (CETM) prepara unha demanda colectiva contra o Goberno de España e a Generalitat polos prexuízos que sufriron os camioneiros que se viron atrapados nas protestas independentistas.
Os Mossos d'Esquadra e membros da Policía Nacional han tido que actuar contra os manifestantes convocados por Tsunami Democràtic, que provocaron retencións de ata 18 quilómetros nas vías AP-7, A-2 e a N-II.
Dous dos detidos estiveron a comentar vídeos dos atentados do 11-S en Nova York e falaron de derrubar Mossos "uno a un" e esposarlos con bridas cando ocupasen o Parlament.
Non se o que farán Vds. pero o menda, desde que sabe que pode volver votar, leva facendo campaña para que a familia e os amigos non voten a estes inútiles da política.
Galiciapress entrevista á número 1 socialista pola Coruña, quen desbota un executivo canda o PP que desatasque o Goberno de España, como suxeriu Felipe González. Polo contrario, sitúa ao partido nas antípodas dos conservadores, pese a ver factible pactos de Estado sobre Cataluña ou o ensino. Endesa As Pontes, o CIS e o suposto xogo sucio do PP nas redes sociais son outros temas desta conversa, a quinta ao fío do #10N, tras as publicadas con candidatos de PP, BNG, Ciudadanos e En Común Unidas Podemos.
"Deixar a Guerra Civil nas bibliotecas, mirar para o futuro!". Esta é unha das acesas proclamas que lanzou Francisco Vázquez no seu discurso deste domingo, catro días despois do traslado do ditador Francisco Franco. O ex-alcalde herculino foi un dos organizadores da concentración na Coruña, enfavor da Constitución e en contra da independencia de Cataluña, convocada en paralelo á marcha de Societat Civil Catalá en Barcelona.
A maior debilidade do movemento independentista catalán deriva de non ter calibrado na súa xusta medida a correlación de forzas por mor dun, cada día mais evidente, infundado e excesivo optimismo.
Desde o SUP actualizaron o estado de saúde dos dous membros da Policía Nacional desprazados a Cataluña e feridos durante os disturbios. Un deles, intervido nun brazo, chegará á Coruña esta mesma tarde.
Os nacionalistas galegos asumiron o compromiso de defender a liberdade dos condenados polo Tribunal Supremo na sentenza do Procés, ademais de defender o dereito á autodeterminación. O BNG asinou a chamada 'Declaración da Llotja de Mar' con partidos independentistas de Cataluña, o País Vasco, Valencia e Illas Baleares, aínda que co PNV como gran ausente.
Decisións que respectamos por parte de Cidadáns.O problema de base é que levamos moitos anos, moitos gobernos centrais, que permitiron que se semente o odio e o separatismo, dando ás a esa turba violenta que estamos a ver actuar nas rúas.
Imaxe do policía ferido na noite do venres e publicada polo SUP nas súas redes sociais Hai outro axente de raiar, o distintitivo da UIP acuertelada en Vigo e A Coruña, ferido.
O presidente do goberno en funcións, Pedro Sánchez, advertiu ao presidente da Generalitat por vía telefónica de que non haberá dialogo entre os gobernos se o titular catalán non condena “rotundamente” a violencia, recoñece o traballo das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e Mossos e solidarízase coa policía.
Galiciapress tivo acceso a información sobre o estado de saúde do policía nacional agredido onte en Barcelona, que presenta un “traumatismo craneo-encefálico” ademais dunha “lesión na vértebra”. Actualmente atópase hospitalizado na UCI, aínda que desde o SUP apuntan que se atopa “fóra de perigo”.
O presidente da Xunta, que fixo alusión a "algunha información sobre policías que resultaron agredidos de forma brutal" en relación á noticia adiantada esta mañá por Galiciapress, criticou que o Goberno de España aínda non notificou “se hai policías galegos feridos”, algo que si fixeron fontes do Sindicato Unificado de Policía a este medio.
Un dos policías nacionais que tivo que ser hospitalizado en Cataluña por mor das lesións provocadas durante os disturbios é un axente vigués e destinado en Vigo que forma parte do operativo da Policía Nacional despregado estes días en Cataluña. Fuentes do SUP consultadas por este medio afirman a situación ao redor do seu estado de saúde é “grave” e “seria”. Aínda permanece hospitalizado por un traumatismo cranial.