Xosé Manuel Núñez Seixas, Premio Nacional de Ensaio 2019: "Ambas as partes erraron en Cataluña"

O historiador Xosé Manuel Núnez Seixas, Premio Nacional de Ensaio 2019, considera que en Cataluña "non se dan hoxe en día as condicións para celebrar un referendo" sobre a independencia, aínda que apela á "vía do diálogo" para atopar unha solución.

|

O ourensán Xosé Manuel Núñez Seixas gaña o Premio Nacional de Literatura de Ensaio pola súa obra Suspiros de España. O nacionalismo español 1808-2018.  O historiador analiza o conflito en Cataluña, onde non ve factible unha consulta vinculante, e o papel, positivo ás veces, do nacionalismo na historia.


O historiador Xosé Manuel Núnez Seixas, Premio Nacional de Ensaio 2019, considera que en Cataluña "non se dan hoxe en día as condicións para celebrar un referendo" sobre a independencia, aínda que apela á "vía do diálogo" para atopar unha solución.



Xosu00e9 Manuel Nuu00f1ez Seixas nunha imaxe de RNE



"Ambas as partes cometeron erros e a única solución posible é que isto se canalice pola vía do diálogo. Pero as condicións para ese referendo agora non existen porque non hai un contexto como o de Escocia, por exemplo, con mecanismos pactados", sinalou en declaracións a Europa Press o investigador.

Núñez Seixas apelou a discutir esta situación "lonxe das paixóns, non na rúa nin na confrontación", á vez que aborda a cuestión de se Cataluña é unha nación. "Só seríao na medida que haxa unha maioría cualificada de cataláns que o crea. Eu miro o que pensa a xente", sinalou.


O NACIONALISMO É POLIÉDRICO

Núñez Seixas recoñece que o nacionalismo é "un fenómeno complexo" --"nacionalistas eran tanto Garibaldi como Hitler, por exemplo"-- e, por tanto, pode haber determinados tipos deles. "Ás veces os nacionalismos son execrables, pero outras acompañan a revolucións liberais achegando algúns avances", apuntou.

Tamén no caso de España, onde ao seu entender o nacionalismo comezou as guerras antinapoleónicas, "prodúcese unha constante disputa" desde hai 200 anos. "Pero España non é ningún caso excepcional, hai moitos outras comunidades políticas modernas que ao longo dos séculos levan sufrindo cambios de fronteiras, escisións...", concluíu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE