O Carballiño

Ourense empeza a arder en febreiro
Varios incendios forestais afectan este martes a diferentes municipios da provincia de Ourense. Ata as 18,00 horas queimaban unha superficie dunhas 45 hectáreas, segundo a información facilitada pola Consellería do Medio Rural a Europa Press.
Máis conflito no PSOE de Ourense polo cesamento dunha persoa próxima a Pachi Vázquez en Carballiño

A crise no PSOE de Ourense a raíz do conflito cos fieis a Pachi Vázquez agrávase. Hoxe un grupo de dirixentes socialistas da comarca do Carballiño -onde foi alcalde o exconselleiro- protestaron en rolda de prensa polo cesamento de Adolfo Nogueira como portavoz no Carballiño, onde gobernan os socialistas.

Pachi Vázquez e os seus afíns enchufaron a 60 traballadores, conclúe unha instrución xudicial
A titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número dous do Carballiño concluíu que existen "indicios" de prevaricación continuada por parte do que fose alcalde entre 1995 e 2005, Manuel 'Pachi' Vázquez, e o seu sucesor no cargo Carlos Montes. O auto non é firme, xa que contra o cabe recurso ante o propio xulgado e ante a Audiencia Provincial de Ourense.
"A xunto o presidente da Deputación de Ourense vou falar cousas que non se poden saber na rúa"

Conversacións picadas a detidos na Operación Enredadera conteñen mencións a prácticas presuntamente irregulares en relación coa Deputación de Ourense. En declaracións a Galiciapress, Manuel Baltar recoñece "reunións de organización" cun dos investigados, directivo da concesionaria de parques de bombeiros, pero defende a obxectividade das adxudicacións.

Interceptado a 225 quilómetros por hora nunha autovía limitada a 120 no Carballiño

O vehículo era conducido por un veciño de Teo de 39 anos, ao que se lle tramitou un atestado por suposta comisión dun delito contra a seguridade do tráfico

Prisión comunicada e sen fianza para o detido por matar á súa muller no Carballiño

A medida farase efectiva, mentres sexa necesario baixo criterio médico, no módulo de custodia de presos do hospital de Ourense ou unidade psiquiátrica do centro penal correspondente. 

Declara no hospital o detido polo crime do Carballiño

O fiscal xa solicitou o seu ingreso en prisión. Mentres, centos de persoas concentráronse en varias localidades en repulsa contra a violencia machista.

A muller asasinada no Carballiño foi estrangulada

A autopsia confirma que non morreu apuñalada. O marido da vítima segue ingresado no hospital en calidade de detido.

Un home asasina presuntamente a súa esposa no Carballiño

As forzas de seguridade acudiron á vivenda alertados polos familiares. Atoparon a muller morta e o home tratando de autolesionarse ao ser detido.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE