Máis conflito no PSOE de Ourense polo cesamento dunha persoa próxima a Pachi Vázquez en Carballiño
A crise no PSOE de Ourense a raíz do conflito cos fieis a Pachi Vázquez agrávase. Hoxe un grupo de dirixentes socialistas da comarca do Carballiño -onde foi alcalde o exconselleiro- protestaron en rolda de prensa polo cesamento de Adolfo Nogueira como portavoz no Carballiño, onde gobernan os socialistas.

O alcalde, Francisco Fumega, aludiu estes días aos rumores de "un cambio de siglas" do seu ex-número dous. Hai meses que os afíns a Pachi Vázquez, como Nogueira, protestan por unha suposta purga nas listas electorais para as eleccións na primavera impulsada pola cúpula galega e provincial. En resposta, en ducias de localidades -como Maceda, O Carballiño e poida que a capital-, militantes socialistas valoran presentarse aos comicios á marxe do PSdeG.
O exportavoz socialista na Deputación de Ourense Francisco Fraga cualficou hoxe de "incomprensible" o cesamento do seu compañeiro. O mesmo, ex-alcalde de Piñor, foi relevado polo partido na portavocía provincial.
Hoxe, sobre a destitución de Nogueira, Fraga culpou ao alcalde dunha "decisión persoal que a fai dano ao partido sen consultar coa agrupación nin o grupo de goberno, que se reuniu este luns sen que se dixese nada desta cuestión". As súas palabras en rolda de prensa fron apoiadas por membros da executiva carballinesa e varios militantes.
Nogueira non falou en público por agora. Iso si, nas súas redes sociais publicou unha mensaxe que pode ter relación con esta crise e a posibilidade de presentarse á marxe do PSOE:
Escribe o teu comentario