A muller asasinada no Carballiño foi estrangulada

A autopsia confirma que non morreu apuñalada. O marido da vítima segue ingresado no hospital en calidade de detido.


|

Violenciamachistagenero


A autopsia preliminar da muller asasinada esta fin de semana no Carballiño (Ourense), un caso polo que permanece detido o seu marido, confirmou que a vítima foi estrangulada.


Así o avanzaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que apuntaron que xa se fixo cargo da investigación o Xulgado de Instrución numero 2 do Carballiño, que é o competente en casos de violencia sobre a muller.


Polo momento, con todo, descoñécese cando e como se producirá o paso a disposición xudicial do detido, marido da vítima, que permanece ingresado no hospital.


O crime coñeceuse o domingo, despois de que uns familiares da muller asasinada desen a voz de alarma despois de que esta non acudise a unha cita que tiña concertada con eles.


Axentes de Garda Civil e Policía Local desprazáronse entón á vivenda do matrimonio, na rúa Alexandre Bóveda do Carballiño, á que accederon a través dun vehículo disposto polo servizo de emerxencias, entrando por unha xanela do primeiro piso, e localizaron o cadáver da muller.


O marido da vítima foi achado na vivenda con lesións por arma branca autoinflixidas, que non resultaron mortais. O home, de 59 anos, foi derivado en primeira instancia ao centro sanitario do Carballliño e, posteriormente, trasladado ao CHUO, onde permanece ingresado na unidade de agudos en calidade de detido.


A Delegación do Goberno informou este luns de que non constan denuncias por malos tratos por parte da muller asasinada, aínda que si "intervencións policiais previas" en relación ao presunto homicida.

relacionada Un home asasina presuntamente a súa esposa no Carballiño
relacionada Concentracións en repulsa polo primeiro asasinato machista en Galicia en 2017

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE