Concentracións en repulsa polo primeiro asasinato machista en Galicia en 2017

Ademais do minuto de silencio en fronte do Parlamento de Galicia, tivo lugar unha concentración en Ourense, onde se cometeu o crime. 


|

Concentracionviolenciamachista


As concentracións de repulsa por o novo asasinato por violencia machista en Galicia, o primeiro deste ano e que levou a vida de Virginia Ferradás Varela, sucedéronse en varias cidades galegas. Desta maneira, tiveron lugar minutos de silencio ante as portas dos consistorios, así como ante a sede do Parlamento de Galicia.


Así, ante o Pazo do Hórreo tivo lugar unha concentración presidida polo presidente da Cámara galega, Miguel Santalices, e nela estiveron tamén os catro portavoces parlamentarios con representación no hemiciclo galego, Pedro Puy (PPdeG), Luís Villares (En Marea), Xoaquín Fernández Leiceaga (PSdeG) e Ana Pontón (BNG).


Ademais, tivo lugar unha concentración en Ourense --provincia onde se cometeu o crime-- na que se deron cita representantes de todos os grupos do concello e o subdelegado do Goberno a provincia, Roberto Castro, que presidiu o acto e que manifestou que é "momento de solidariedade coa súa familia e facer unha homenaxe" á vítima.


O Goberno galego vén de emitir un comunicado no que expresa a súa "máis firme condena" polo acto de violencia machista e mostra a súa "consternación", á vez que fai un chamamento a toda a sociedade para que "se rebele" contra esta "repudiable secuela".


APOIO XUNTA


Así mesmo, fixo unha apelación a que todas as mulleres que sexan vítimas de malos tratos denuncien e así se lles poida prestar a axuda necesaria, tanto a nivel de protección policial, como económica. "E así poder axudalas a romper coa situación de violencia na que están inmersas", agrega.


As vítimas teñen á súa disposición o teléfono 016, gratuíto e que garante a confidencialidade, xa que non deixa pegada na factura.


A Xunta lembra que o Goberno galego facilita ás mulleres vítimas medidas como apoio económico, apoio psicolóxico --a través dun convenio co Colexio Oficial de Psicoloxía--, e unha rede de acollemento --con cinco casas de acollida e o centro de emerxencias de Vigo--, entre outras medidas. Galicia conta, ademais, con 80 Centros Información á Muller, onde as mulleres poden atopar apoio de profesionais.

relacionada Un home asasina presuntamente a súa esposa no Carballiño
relacionada Acordo unánime por un pacto galego contra a violencia machista
relacionada ​Feijóo, sobre a violencia machista: "Denunciemos sen medo"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE