Prisión comunicada e sen fianza para o detido por matar á súa muller no Carballiño

A medida farase efectiva, mentres sexa necesario baixo criterio médico, no módulo de custodia de presos do hospital de Ourense ou unidade psiquiátrica do centro penal correspondente. 


|

Prision 1


O Xulgado de Instrución Número 2 do Carballiño (Ourense) acordou prisión provisional comunicada e sen fianza para o home detido por matar á súa muller o domingo nesta localidade ourensá.


Segundo informou este mércores o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, esta medida farase efectiva, segundo recolle a parte dispositiva do auto, "mentres sexa necesario baixo criterio médico, no módulo de custodia de presos do hospital de Ourense ou na unidade psiquiátrica do centro penal que corresponda".


Ademais, as mesmas fontes precisan que os facultativos que atenden o preso han de informar o xulgado cando sexa posible o traslado do individuo a un centro penal.


A decisión xudicial prodúcese despois de que a maxistrada do Xulgado de Instrución Numero 2 do Carballiño tomase declaración ao home na Unidade de Agudos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).


ESTRANGULADA


A autopsia preliminar confirmara que a vítima foi estrangulada. O crime transcendeu o domingo, despois de que uns familiares da muller asasinada desen a voz de alarma despois de que esta non acudise a unha cita que tiña concertada con eles.


Axentes de Garda Civil e Policía Local desprazáronse entón á vivenda do matrimonio, na rúa Alexandre Bóveda do Carballiño, á que accederon a través dun vehículo disposto polo servizo de emerxencias, entraron por unha xanela do primeiro piso e localizaron o cadáver da muller.


O marido da vítima foi achado na vivenda con lesións por arma branca autoinfrinxidas, que non resultaron mortais. O home, de 59 anos, foi derivado en primeira instancia ao centro sanitario do Carballiño e, posteriormente, trasladado ao CHUO.

relacionada Declara no hospital o detido polo crime do Carballiño
relacionada Concentracións en repulsa polo primeiro asasinato machista en Galicia en 2017
relacionada A muller asasinada no Carballiño foi estrangulada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE