A medida, propulsada por En Marea e apoiada por toda a oposición, tiña como fin instar o Goberno de España a poñer un límite ao prezo dos alugueres. Con todo, o Partido Popular, con maioría absoluta na cámara autonómica, tombou a proposta votando en contra da medida na sesión plenaria.
O nacionalista Rubén Arroxo será primeiro tenente de alcalde, e farase cargo da vicealcaldía, mobilidade e infraestruturas, co apoio de Alexandre Penas como concelleiro delegado da parte concreta de infraestruturas urbanas. Desta forma, os nacionalistas formarán parte do goberno socialista de Lara Méndez na cidade.
Pola súa banda, o PSdeG estudará adoptar "medidas" en Fene, onde o PP conseguiu a Alcaldía ao non apoiar os socialistas ao candidato do Bloque.
También en Mondariz los populares han dado su apoyo al candidato del BNG, que logra la alcaldía aunque niega los contactos con el grupo popular.
Defende a necesidade de "adaptarse aos cambios" e "avanzar" e asegura que o traslado de Celulosa (Ence) "aínda está pendente".
A vicepresidenta en funcións da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, anunciou este xoves que non será deputada neste ente no próximo mandato porque agora a súa "prioridade política" está no Concello de Santiago de Compostela, onde exercerá unha "oposición construtiva" ao próximo goberno do PSOE.
O alcalde de Pontevedra asegura que neste caso está "pechada" ningunha posibilidade co PSOE e o desliga dun pacto na deputación, mentres que se esfuma toda posibilidade de pacto en Catoira.
Galiciapress entrevista a Goretti Sanmartín (1964) candidata do BNG á alcaldía de Santiago de Compostela. Como vicepresidenta da Deputación da Coruña mantén a súa postura de suprimir as deputacións, pero loitar desde dentro e xestionándoas mentres tanto. A edil nacionalista aspira ser a gran sorpresa destas eleccións, avoga por un turismo desestacionalizado e reclama máis políticas feministas. A estratexia de pactos no Pazo de Raxoi tras o #26M é outro dos puntos desta conversación.
A achega de ENCE á cidade é “anecdótica” e os seus dirixentes -entre os que hai dous exaltos cargos do PP- deberían limitar os seus beneficios para sufragar o traslado, que esquivaron cunha “prórroga ilegal”. Así de contundentes son as respostas de Miguel Anxo Fernández Lores (1956) sobre ENCE nesta entrevista con Galiciapress.Favorito claro para repetir na alcaldía, chama a non confiarse. Un hipotético pacto co PSOE, a política deportiva e o paro son outros dos temas desta conversación.
Até os rivais políticos adoitan recoñecer o traballo de Ana Miranda (Cuntis, 1971) en Bruxelas a prol dos intereses galegos. A reprimenda da UE a España por non investigar ven o accidente de Angrois é se cadra o exemplo máis coñecido. A eurodeputada do BNG sabe deste recoñecemento e, nesta entrevista en Galiciapress, confía en que sirva para alcanzar a cuarta acta para Agora Repúblicas, e así a acta de deputada fixa para toda a lexislatura. Os detalles do pacto do Bloque con ERC e Bildu, as enquisas e o avance da ultradereita son outros dos temas desta conversa.
Galiciapress entrevista a Iván Rivas (1976) que repite como candidato do BNG á alcaldía de Ferrol. Ilusionado polo avance nas eleccións de maio, o arquitecto critica a perda de habitantes da cidade, aposta pola rehabilitación das vivendas desocupadas fronte a máis ladrillo e sinala ao resto de forzas políticas como cómplices da reestruturación de Navantica que, di, reducirá nun 25% o persoal.