Sisto (Son de Teo) conserva o goberno de Teo grazas ao apoio do seu ex-partido, o BNG
A pesar de duplicar os seus resultados, pasando de 2 a 4 actas, os socialistas ceden paso a Son de Teo, que caeu de 7 a 4, ante o compromiso do Bloque de investir a Rafael Sisto, o seu antigo militante
O Partido Socialista de Teo decidiu retirar a súa candidatura á Alcaldía "por responsabilidade" tras a decisión do BNG de apoiar á o candidato de Son de Teo, o actual rexedor Rafael Sisto.
Rafa Sisto
Diso informou o PSOE local nun comunicado, no que explica que tras a reunión celebrada este martes a tres bandas en Teo a decisión é "priorizar" un goberno de esquerdas a un goberno do PSOE.
En concreto, neste municipio, o PP foi a lista máis votada, con sete edís --a maioría está en 9--. Pola súa banda, a segunda forza máis votada foi Son de Teo, que empatou en catro concelleiros co PSOE. Pola súa banda, o Bloque obtivo dous representantes.
Os socialistas aseguraron que, no encontro, o BNG expresou que "non vía outra alternativa" ante a posición de Son de Teo de só votar na investidura aos seus concelleiros. Ante iso, o PSOE sinala que decidiu non continuar coa súa candidatura encabezada por Uxía Lemus.
O PSOE local asegura que Lemus "sempre defendeu" a prioridade dun goberno de esquerdas fronte a unha alcaldía socialista. "Esta prioridade non foi compartida por todas as forzas políticas de esquerda e, ante esta situación, o PSOE de Teo decidiu optar pola xa noutras ocasións mostrada responsabilidade, tanto con Teo como co electorado progresista", apuntou.
Escribe o teu comentario