Os socios do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na coalición para as eleccións europeas, EH Bildu e Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), tamén dan por pechada a candidatura das forzas soberanistas de esquerda para a cita coas urnas do 26 de maio e, por tanto, desatenden o ofrecemento efectuado por Anova para a súa incorporación ao proxecto.
As próximas eleccións europeas contarán, previsiblemente, cunha candidatura de BNG, ERC e EH Bildu, que ultiman detalles dunha lista conxunta para a cita de maio, os cales se abordarán nunha reunión que terá lugar proximamente en Galicia, segundo as fontes nacionalistas consultadas por Europa Press.
Coma se tratásese do camarote da afamada película, embarcan os tres partidos ERC, Bildu e BNG, en rumbo ás eleccións europeas para tentar alcanzar unha posición nunha comunidade na que ningún deles cre nin ningún deles defende.