SMIT, a rescatadora holandesa contratada pola fretadora das Illas Bermudas a través de unha navieira de Singapura, non logra sacar das rocas ao buque. Non o volverá a tentar ata o próximo temporal de xoves, cando o quimiquero de raíces turcas cumpra xa tres semanas atorado nas rocas de Ares.
Os traballos previos para tratar de rescatar o buque 'Blue Star' da costa de Ares (A Coruña) --na que encallou a medianoite do 24 de novembro-- continúan en terra, a bordo e no mar. Mentres, o persoal de reforzo de tiro en popa e a babor xa comezou a traballar.
Respondendo as preguntas de Galiciapress, o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo preferiu non entrar a valorar os labores de rescate realizadas ata a data para tentar sacar ao petroleiro Blue Star da costa de Ares. O mandatario autonómico referiu que non a súa executiva non emitirá unha valoración “ata que o buque salga da zona”.
Mentres o temporal segue empuxando e escorando o petroleiro e as súas 100 toneladas de combustible na costa de Ares, moitos se preguntan quen está detrás do petroleiro. Atopar a resposta esixe ir dando saltos por medio planeta ata atopar a Cappadocia Shiping LTD -unha compañía con sede en Malta e que figura nos famosos 'Paradise Papers', desvelados polo Consorcio Internacional de Xornalistas de Investigación- e ao magnate turco Hüsnü Özyeğin.
A empresa contratada pola fretadora, unha compañía das Bermudas, segue dirixindo as operacións para sacar as 105 toneladas de combustible. Por agora, as noticias non son boas. A tripulación volveu a bordo pero o mal tempo dificulta os labores. De feito, o mar sacou a proa das rocas e o buque vese escorado.
Quen é o dono do Blue Star, o quimiquero encallado en Ares con máis de cen toneladas de combustible a bordo? Como o Prestige, a resposta atópase ao final dunha maraña de intereses que se enreda por medio planeta (Bermudas, Singapura, Estados Unidos, Holanda, Malta e España). A ausencia dunha resposta clara é preocupante para Galicia, vistos os precedentes. Hai que ter en conta que desde o domingo o rescate xa non o dirixe o Estado.
O rescate do quimiquero 'Blue Star', encallado desde a pasada noite na costa de Ares (A Coruña), complícase. Tal e como tiña previsto Salvamento Marítimo, os remolcadores iniciaron a manobra de arrastre ao redor das 13,30 horas deste sábado, coincidindo coa pleamar, pero no momento no que os buques han comezando a dar potencia, as estachas que o amarraban rompéronse e, con iso, non lograron o seu obxectivo.
O Blue Star, de bandeira maltesa, foi armado no ano 2011 no estaleiro turco TVK e forma parte da frota da compañía Team Tankers International Ltd, con base no paraíso fiscal caribeño.
Galicia rexistrou un total de 335 raios en 10 horas durante a madrugada deste martes