Hai máis de 100 toneladas de combustible no Blue Star, o quimiquero que non dan rescatado en Ares
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, asegurou este domingo que "a prioridade" agora "é baleirar" de combustible o buque quimiquero 'Blue Star', encallado na ría de Ares (A Coruña) desde a medianoite do venres.
Dicían que ía baleiro, o que é unha verdade a medias. O buque -que figura en lista de frota dun armador do paraíso fiscal de Bermudas- aínda ten a bordo máis de 100 toneladas de gasóleo e fuel do seu propio combustible, suficiente para contaminar unha gran área. O Estado di que "non hai ningún perigo".
Rego (BNG) manifestouse onte fronte ao Blue Star para esixir que Salvamento dependa de Galicia e non da Delegación do Goberno en representación do Estado
En declaracións concedidas á Radio Galega, recollidas por Europa Press, Losada confirmou que os técnicos actuantes indican "que non hai ningún tipo de perigo" de contaminación nestes momentos, pero que aínda así permanece activada a alerta do Plan Marítimo Nacional "por se é preciso".
O ESTADO CIEDE As RENDAS Á ARMADORA
Tras dous intentos errados de reflotar o barco con dous buques de arrastre, o armador decidiu este domingo contratar á compañía holandesa Smit Salvage para o rescate. A compañía deberá presentar en 24 horas un plan ante a Capitanía Marítima que debe ser "estudado polo Estado", explicou o delegado do Goberno."NINGÚN TIPO DE PERIGO" DE CONTAMINACIÓN
Segundo as súas cifras, o 'Blue Star' ten a bordo unhas 45 toneladas de fuel e 60 de gasóleo "para a navegación". Preguntado sobre se hai risco de contaminación, Losada insistiu en que "están en alerta" as barreiras de Fene, Ferrol e A Coruña "por se é preciso actuar", aínda que os técnicos "indican que non hai ningún tipo de perigo".Co plan de rescate da compañía holandesa encima da mesa, o delegado explicou que, a modo de "prevención", calquera decisión que se tome sobre o reflotamiento do buque "pasa pola retirada do combustible".
Escribe o teu comentario