Redacción |
15:19h. |
Os casos activos de Covid-19 en centros educativos de Galicia --escolas infantís e ensino non universitario-- seguen coa tendencia ascendente e aumentaron a 443, o que implica 18 máis que a xornada pasada, á vez que soben as aulas inoperativas a 13 --unha máis-- e hai un centro pechado --unha escola infantil en Quiroga--.