As peores cifras nun mes empuxan ao país cara a risco alto, cuestionando o alivio de restricións
A decisión de aliviar as restricións cando Galicia leva xa días coa pandemia gañando terreo é, polo menos, arriscada.
A decisión de aliviar as restricións cando Galicia leva xa días coa pandemia gañando terreo é, polo menos, arriscada.
Así o demostran as cifras de hoxe, coa maior cantidade de contagios en máis dun mes.
Os 177 novos positivos alzan a incidencia acumulada semanal ata 38 diagnósticos por cada 100.000 galegos no últimos sete días. É o peor rexistro desde o 4 de marzo, cando aínda se estaba retirando a terceira onda. Este indicador subiu en 5 dos últimos 6 días.
Abrindo o plano da análise, a incidencia acumulada a 14 días sobe de 66 a 68,1. Este indicador creceu en 7 dos últimos 8 días. A cifra de hoxe é a peor desde o 12 de marzo.
A taxa de positividade segue controlada. A media semanal está no 2,4% tras o 2,5% de onte. Isto sitúa a Galicia no mellor dos niveis posibles en o semáforo de alertas estatal, no referido a este indicador.
No referido ás incidencias acumuladas, Galicia segue en risco medio. Agora ben, se hai unhas semanas acariñou a esperanza de descender a risco baixo, agora, vista a tendencia actual a súa preocupación é non achegarse máis ao risco alto.
No caso da incidencia semanal, o risco alto empeza a partir de 150. Agora mesmo, Galicia xa está máis preto de subir a risco alto que de descender a risco medio:
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS
A gráfica da derivada da curva de infectados confirma o empeoramento. Os casos activos crecen hoxe un 1,6%, disparando a media semanal do 1,1% ao 1,6%.
En termos de porcentaxe e desde o punto de vista semanal, é o maior acelerón dos casos activos nun día desde o 12 de xaneiro e o peor rexistro desde o 30 de xaneiro.
Isto quere dicir que a pandemia non só está a gañar terreo, senón que cada día aumenta en velocidade e está pegando un acelerón moi notable, dun calibre similar aos que deron pé á fatídica terceira onda. En termos absolutos, isto tradúcese en 39 casos activos máis, que eleva o total ata 2.349. A peor cifra desde o 25 de marzo.
CONCLUSIÓNS
Con todos estes datos sobre a mesa, podemos inferir que:
- A aceleración da subida de casos activos dá hoxe o maior salto desde o 12 de xaneiro, desde un punto de vista semanal. O 12 de xaneiro foi, aproximadamente, unha semana despois do fin das vacacións de nadal. Hoxe estamos, aproximadamente, a unha semana do fin de Luns de Pascua. Outra proba máis do impacto que teñen os períodos vacacionais nos contagios.
- Sorprende, e moito, que o SERGAS se lanzase a relaxar máis as restricións onte, cando os positivos están a crecer desde a pasada semana. Os precedentes dos períodos post-vacacionais son os que son e, aínda que en Semana Santa móvese menos xente que en Nadal, a decisión de onte antóllase, polo menos, arriscada.
- Un factor que pode explicar abrir a man agora é que, aínda que suban os positivos outra vez, o seu impacto nos hospitais e na estatística de mortes debería ser notablemente menor. Con case toda a poboación maior de 80 vacinadas, con todos os residentes en asilos vacinados e cunha porcentaxe relevante do tramo de 75 a 80 anos vacinados, os ingresos en hospitais e os falecementos debería caer, ao estar inmunizados gran parte dos máis vulnerables.
- De feito, as mortes xa están a caer xa de maneira notable. Por exemplo, onte só morreu unha persoa e nos últimos 6 días só faleceron 4 persoas. Non había un refacho tan bo desde o 21 de agosto.
ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS
Os casos activos crecen hoxe en todas as áreas sanitarias, salvo en Santiago. A tendencia xeral en todas as áreas é á alza, aínda que a diferente ritmo. A que máis aguantou á baixa foi Ferrol, que hoxe obtén un bo rexistro con só 8 diagnósticos e só un caso activo máis.
Comparando coas cifras de principios de mes, só A Coruña e Ferrol lograron reducir os seus infectados. Máis datos a nivel de distrito sanitario e de municipio nuns minutos en Galiciapress.
Escribe o teu comentario