A cuarta onda empeza a golpear ao mesmo tempo que afrouxan as restricións anti-coronavirus



A incidencia semanal leva 6 días crecendo. A incidencia bisemanal leva 8 días crecendo. O cómputo de casos activos leva 8 días crecendo. A media semanal da taxa de positividade leva 4 días crecendo. Non hai outra conclusión posible, o covid-19 está a crecer en Galicia e non parece ser un repunte puntual.


|

As últimas cifras confirman que a cuarta onda do coronavirus está a chegar aopaís, ao mesmo tempo que a Xunta decreta un arriscado alivio de restricións.



Os 199 positivos confirmados por PCR hoxe son a maior cantidade desde o 26 de febreiro. Axudan a impulsar a incidencia acumulada semanal  de 38 a 40,8 positivos por cada 100.000 habitantes. Hai que remontarse ao 4 de marzo para atopar unha cifra tan mala. 


Este indicador está claramente á alza, subiu en seis do últimos sete días. Galicia está a menos de dez puntos de volver a risco alto, segundo o semáforo de alertas estatal para este indicador:



incidencia acumulada a dúas semanas segue unha liña parecida que a súa irmá menor. Hoxe crece de 68,1 a 70,3. É a  sétima subida en oito días. O valor actual é o peor desde o 12 de marzo.


A taxa de positividade era o indicador que máis estaba a aguantar. Con todo, esta serie tamén mostra sinais claros de rebote. Pese ao elevado número de PCRs - 7.145 onte- onte foi do 2,8%, elevando a media a 2,5%. Esta media subiu en catro do últimos cinco días, a pesar de que o SERGAS está a pisar o acelerador das probas.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

A cantidade de infectados aumenta hoxe un 3,5%, impulsando a media semanal a un crecemento diario do 2%. É a peor media semanal desde o 29 de xaneiro. 



En termos absolutos, isto significa un salto, que eleva o total a 2.439 casos activos, o peor dato desde o 29 de marzo. Con todo, o máis preocupante é a velocidade de ascenso da media semanal. En só dous días pasamos dun +1,1% a un +2,2%. Isto quere dicir non só que a pandemia está a crecer, non só que a pandemia está a acelerar, senón que esta aceleración é cada vez máis rápida. 


CONCLUSIÓNS

Con todos estes datos sobre a mesa podemos inferir que:


  • A incidencia semanal leva 6  días crecendo. A incidencia bisemanal leva 8 días crecendo. O cómputo de casos activos leva 8 días crecendo. A media semanal da taxa de positividade leva 4 días crecendo. Non hai outra conclusión posible, o covid-19 está a crecer en Galicia e non parece ser un repunte puntual.
  • A pesar de que as cifras mandaban indicios dunha alza a semana pasada, o martes a Xunta non se baixou do carro e aliviou máis as restricións. Hoxe os galegos poden cear en restaurantes e reunirse ata as 23 horas. Dous factores que contribuirán a un aumento de contagios. 
  • O panorama é aínda máis preocupante teniendo en cuenta que polo menos en Vigo está a circular a cepa brasileira. Ademais, na Coruña acaba de detectarse a variante surafricana, a máis resistente ás vacinas.
  • Para tentar ver a botella medio chea, hai que fixarse en que aproximadamente o 20% da poboación recibiu unha dose da vacina.  
  • Hai outros 114.000 galegos que superaron a enfermidade tras dar positivo, polo que deberían ter algún tipo de inmunización natural. Son en torno ao 5% da poboación. Sendo optimistas e asumindo que haxa outros 100.000 asintomáticos que superaron a enfermidade sen dar positivo, podemos estimar que un 10% de galegos con certa inmunización propia. 
  • É dicir, sendo optimistas, o 70% dos galegos aínda é susceptible de coller e transmitir o coronavirus, unha porcentaxe do todo suficiente para esquivar o impacto dunha nova onda, como demostra as difíciles situacións que xa soportan países como Francia e outras comunidades españolas.


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREA

O presidente dixo onte que había 30 casos en dous brotes de cepa brasileira en Vigo. Hoxe a súa área sanitaria lidera a clasificación de novos positivos, 57 do total de 199.



Ferrol é a única área que aguanta por baixo dos 100 casos activos e sen ningún paciente en coidados intensivos.  


I3OMx  i incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia i



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE