O repunte dura xa catro días, cuestionando o alivio de restricións covid que baralla a Xunta

Desde unha perspectiva semanal, que é a máis importante segundo o SERGAS, o coronavirus leva crecendo sen parar desde fai catro días. 




|

Desde unha perspectiva semanal, que é a máis importante segundo o SERGAS, o coronavirus leva crecendo sen parar desde fai catro días. 


Certo é que é un espertar leve, pero tamén noutras ondas o inicio parecía lento e ao final non houbo outra solución que endurecer as restricións.


Os 133 novos contagios coñecidos hoxe impulsan a incidencia acumulada semanal de 36,3 a 36,9. É a peor cifra desde fai cinco semanas.


I3OMx  i incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia i



Abrindo o plano a 14 días, a incidencia acumulada a dúas semanas tamén sobe, de 64,8 a 66,5. É o peor dato desde o 21 de marzo tras cinco días seguidos de ascensos. Non houbo tantos días de ascensos seguidos desde a terceira onda.


O único indicador semanal que non sobe é a taxa de positividade. Anda polo 2,3% tras varios días de tendencia á baixa ao recuperar o SERGAS o nivel de PCR despois do parón en Semana Santa.  Iso si, a taxa de positividade de onte é mala comparada coa doutros días recentes. O 3,3% de onte  é a segunda peor cifra desde  a terceira onda.



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

A cantidade de infectados creceu en 8 dos últimos 9 días, algo que non pasaba desde xaneiro. Onte creceu case un 3%, elevando a media móbil semanal, o indicador máis relevante, ata un +1,1%, que é o peor rexistro tamén desde xaneiro. 



Tamén é certo que en termos absolutos estas porcentaxes non supoñen unha avalancha de pacientes, pero si un crecemento significativo. Estamos en 2.302 casos activos, a peor cifra do mes e 79 máis que hai unha semana.


CONCLUSIÓNS

Con todas estas cifras sobre a mesa, pódese inducir que:


  • A pandemia está a crecer en Galicia impulsada pola maior mobilidade nas vacacións en Semana Santa. O repunte é significativo pero non moi virulento por agora.
  • O problema é que chega nun momento no que os expertos do SERGAS están a ser presionados por parte da opinión pública para relaxar as restricións. Relaxar restricións nun momento de alza do virus como o actual é xogar con lume. Ademais, aínda non sabemos o impacto total dos días con máis mobilidade de Semana Santa. 
  • O rebote está a suceder en todas as áreas sanitarias, aínda que con diferentes intensidades. Só A Coruña e Ferrol teñen menos casos activos que hai un mes.
  • A boa noticia é a caída da letalidade. Onte faleceu unha persoa, a primeira en tres días e a segunda en dous días. Non había  un refacho tan bo desde o 17 de agosto, algo que se explica en boa medida pola vacinación de parte das persoas maiores.


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS 

O distrito sanitario que peor se está comportando nos últimos días é Pontevedra. Hoxe encabeza a clasificación de áreas con máis novos positivos, 36 sobre 133 do total, a pesar de ser unha dos distritos con menos poboación.



O distrito que mellor está a evolucionar estes días é Ferrol. Onte só atoparon 5 novos positivos alí, os pacientes sen alta non chegan a 90 e non quedan nin un enfermo crítico en UCI. Máis datos a nivel de áreas sanitarias e municipios nuns minutos en Galiciapress.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE