O Parlamento galego viviu un novo episodio de confrontación política entre o PP e a oposición por mor da aprobación, só cos votos populares, dunha proposta non de lei que insta á Xunta a realizar unha campaña informativa contra o Goberno central para “aclarar a orixe estatal do tasazo do lixo”. Detrás do debate sobre os residuos, segundo coinciden fontes parlamentarias, escóndese unha estratexia política de maior calado, coa que os populares buscan reforzar a súa posición fronte ao Executivo central e blindar aos seus alcaldes, que son os que aplican en última instancia a subida, das críticas da súa base social no ámbito rural.